VI Foro da cidadanía e da comunciación na Facultade de Xornalismo de Santiago de Compostela

A Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela pon en marcha o VI Foro da Cidadanía e da Comunicación en relación aos seguientes temas: Migración e Medios; Migración nos Medios e Medios da Migración.

Celebrarase do 8 ao 12 NOVEMBRO 2010.

A migración é unha condición que define o estatuto do humano e un feito determinante da súa propia historia. O tempo no que o ser humano acomodou é moi curto respecto do tempo do que aínda era un ser migrante.

A Condición migratoria medra "onde é posible imaxinar unha maior libertade, unhas mellores condicións de vida e un proxecto máis satisfactorio de realización persoal e familiar" (García Roca: 2010)

Na actualidade un de cada trinta e cinco seres humanos no mundo é un migrante (Rifkin: 2010)

Aberto o prazo para envío de comunicacións

O VI Foro da Cidadanía e Comunicación inclúe a publicación daquelas comunicacións que seleccione o Comité Cientifico. Os resumos das comuniacións deberán chegar por correo electrónico ao enderezo info@forocidadania.org até o día 16 de outubro de 2010. A notificación das comunicacións aceptadas será o día 30 de outubro de 2010. O envío do texto completo finaliza o día 2 de novembro de 2010.


No hay comentarios: