A Coruña organiza actividades para persoas con discapacidade

O Concello de A Coruña, a través da súa concellería de Deportes planificou unha serie de actividades deportivas PARA TODOS, entre elas, actividades adaptadas para persoas con discapacidade.

Así, poderase practicar esgrima adaptada en Riazor: moi recomendable dende os 10 anos para persoas con problemas motrices e en cadeira de rodas.

Tamén hai vela Adaptada do RC Náutico, para todas as idades e discapacidades física, intelectuales e sociais.

Gimnasia Rítmica para Discapacidade Intelectual co Club Ximnasia Rítmica Santiago Apostol: moi recomendable para nenas dende os 6 anos, por tódalas posibilidades de integración social: viaxar, participar en competición, traballo en equipo .....

Tódolos interesados poden xa inscribirne nestas e outras actividades.

Excursións en barco dirixidas a persoas con discapacidade pola ría de Vigo

Saídas en barco pola Ría de Vigo.

A empresa Moreno e Saborido Producciones organizan saídas en barco para grupos de máximo 6 persoas, dirixidas especialmente a persoas con minusvalidez, pola Ría de Vigo.

A duración da volta dura unha hora e media, aproximadamente, e o prezo (10 € por persoa) inclúe a bebida a bordo e un tentempie.

Intermón Oxfam lanza a campaña “Café para xente solidaria”

Genet Melesse vive na aldea Neguelle Gorbitu, en Etiopía. O seu pai cultiva café de comercio xusto na coperativa Oromía, e considérase afortunado ao compararse coa situación que viven a maioría de familias da súa aldea, ás que o impacto da crise internacional some actualmente na pobreza extrema. E é que son 25 os millóns de persoas que viven do cultivo do café nos países do sur.

Genet é un personaxe real (encarnado nun video por un actor) que inicia a cadea que, mediante a campaña de Intermón Oxfam "Café para xente solidaria"( www.intermonoxfam.org/cafe), pretende sensibilizar á poboación dos beneficios do comercio xusto e conseguir 100.000 adhesións a este propósito. Os que desexen expresar o seu apoio á campaña poden reenviar a mensaxe invitando outras persoas a participar na acción e/ou subir un video no que expliquen as súas razóns para adquirir café de comercio xusto.

"Tiven un sono" - explica Genet no video -: os meus amigos viñan á escola a ler e a xogar comigo. Eu podo ir á escola porque o meu papá recibe un salario xusto, pero os meus amigos non teñen tanta sorte e teñen que traballar todo o día dende moi temperán".

Nos últimos anos, 170.000 cafetaleros perderon o seu traballo, polo que miles de nenos tiveron que abandonar a escola e poñerse a traballar para axudar ás súas familias. Ademais, a suba dos prezos dos alimentos derivada da crise internacional provocou que moitas persoas reducisen o número de veces que comen ao día. A desigualdade entre os soldos e o custo da vida fai que as familias destinen o 80% de ingresos á adquisición de alimentos.

Para combater esta situación, Intermón Oxfam dá aos produtores unha retribución axeitada aos seus esforzos. Mediante o comercio xusto, os campesiños reciben unha prima social que invisten nas necesidades da comunidade, desenvolven programas de alfabetización, escolarización, e bolsas para os seus fillos. Ademais, constrúen escolas, hospitais, melloran as infraestruturas e invisten en cursos para capacitar as mulleres.

"Café para xente solidaria" conta co patrocinio de Tríodos bank e coa colaboración da Xunta de Castela a Mancha e o Goberno de cantabria.

O Colexio de Xornalistas apadriñou a presentación en Santiago de Reporteiros Galegos Solidarios


A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) presentou o pasado venres 24 en Santiago nun acto no que exerció de padriño o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG).

Previamente, o decano do CPXG, Xosé Manuel Pereiro, e o presidente de Agareso, Juan de Sola, asinaron un convenio de colaboración entre ámbalas dúas entidades para a posta en marcha de diferentes actividades relacionadas coa cooperación e a comunicación.

Durante o acto Agareso proxectou un documental sobre as actividades que desenvolve desde a súa creación.

A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios é unha organización sen ánimo de lucro, formada por un colectivo de profesionais da comunicación en Galicia que están comprometidos coa produción, realización e difusión de proxectos de cooperación e solidariedade, con especial dedicación o desenvolvemento de accións sociais que estean promovidas dende a Comunidade Autónoma galega, tratando de xerar unha muda cara a unha sociedade máis inclusiva e xusta.

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) é unha entidade de dereito público creada pola lei 2/1999 do 24 de febreiro polo Parlamento de Galicia. Actualmente aglutina a máis de 1.100 colexiados repartidos polas súas sete demarcacións: A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo.

Entre os seus obxectivos figura en lugar destacado afondar na mellora das condicións nas que os xornalistas levan a cabo o seu traballo, a defensa profesional dos seus membros e a garantía de independencia e liberdade informativa en beneficio da sociedade galega.