VI Xornadas Anuais de Cooperación: A cooperación galega perante a crise económica e os desastres naturais

As Xornadas Anuais de Cooperación, Lugo 25 de xuño, veñen sendo impulsadas polo Fondo
Galego desde 2004 como espazo de encontro dos diferentes axentes do sector da cooperación, tanto públicos como privados, no que abordárense as principais problemáticas comúns.

Para a presente edición considérase que os debates han de pivotar sobre tes temas de actualidade: o novo Plan Director da Cooperación Galega 2010-2013, a crise económica e a súa ligazón coa sensibilización e educación para o desenvolvemento (ED), a axuda de emerxencia.

O presente ano será aprobado o novo Plan Director da Cooperación Galega 2010-2013, que conseguiu o apoio unánime dos membros da Comisión Interterritorial e do Consello Galego da Cooperación para o Desenvolvemento. Convén agora contribuír a divulgalo, clarificalo e avaliar os seus principais avances e debilidades.

Desde 2008 o planeta encóntrase sumido nunha grave crise económica que no Norte pode converterse en coartada para diminuír os esforzos no ámbito da cooperación para o desenvolvemento. Nestas circunstancias, un bo traballo de sensibilización e ED cobran especial importancia. Dun lado, han de contribuír a que os axentes da sociedade civil e institucións públicas que desenvolven e/ou financian a cooperación para o desenvolvemento manteñan o esforzo ou mesmo o aumenten.

Doutro lado, son fundamentais para conseguir que o resto da cidadanía entenda e apoie eses esforzos. Isto último cobra, se cabe, maior relevancia no caso das institucións públicas, ás que máis que nunca se pregunta o porque e o como de determinadas partidas de gasto. En situación de crise económica, á cidadanía xeral cústalle máis entender que co diñeiro dos seus impostos se financien actividades noutros países.

A principios do presente exercicio un terremoto causaba danos de extrema gravidade no Haití, levantando unha forte onda de solidariedade na cidadanía e institucións galegas. É, por isto, un bo momento para reflexionar sobre como reacciona ou debe reaccionar o sector cooperante galego perante este tipo de situacións.

2. Obxectivos

a) Divulgar, clarificar e avaliar o II Plan Director da Cooperación Galega.
b) Reflexionar sobre o papel que sensibilización e ED teñen nos diferentes axentes do tecido cooperante galego.
c) Debater se ese papel debe ser o mesmo ou non nun contexto de crise económica.
d) Reflexionar sobre as posibilidades e capacidades galegas á hora de desenvolver ou apoiar labores de axuda de emerxencia no Sur.

3. Destinatarios
a) Administración autonómica.
b) Concellos e Deputacións de Galicia.
c) ONGDs.
d) Universidades.
e) Entidades financeiras e empresas con programas de cooperación.
f) Sindicatos.
g) Outros actores e persoas a titulo individual.
4. Programa

· Inauguración (10h)

o Alfredo Novoa, Presidente do Fondo Galego.
o María Xosé Vega Buján, Vicepresidenta Terceira da Deputación de Lugo.
o Pilar Romero, Subdirectora Xeral de Cooperación da Xunta de Galicia.

Mesa 1. O novo Plan Director da Cooperación Galega 2010-2013 (10:30-11:30h).
o Moderada por Isabel Rodríguez.
o Carlos Teijo, profesor da USC.
o José Antonio Alonso, Director do Instituto Complutense de Estudos Internacionais. Algunhas preguntas que se poderían responder: En que consiste? Hai avances en relación ao anterior Plan Director? E retrocesos? Que se espera deste novo Plan Director?

Mesa 2. A sensibilización e ED en Galicia: diferentes perspectivas nun contexto de crise (11:30-12:30h) Moderada por Juan de Sola, presidente de AGARESO.
o Daniel González Palau, técnico de sensibilización do Fondo Galego.
o Área de Sensibilización e Comunicación da Coordinadora Galega de ONGD.
o Agustín Merino García, profesor da USC. Algunhas preguntas que se poderían responder: Que actividades se están a desenvolver desde a miña organización? Con que impacto? A quen se dirixen? Como se implementan? Estase a prestar atención suficiente a este campo de
actividade? Como se valora o traballo de sensibilización e ED na miña organización?
O feito de atravesarmos unha crise económica inflúe no traballo de sensibilización e ED? Que peso ten a sensibilización nos orzamentos das nosas organizacións? Cales son as principais dificultades que se encontran neste campo de actividade?

Mesa 3. Os programas de voluntariado no Sur… ferramentas de sensibilización? (13-14h)
o Moderada por David Reinero, de Xornal de Galicia.
o Amarante.
o Pilar Gallego, da Comisión Executiva do Fondo Galego. Algunhas preguntas que se poderían responder: En que consiste o programa de voluntariado da miña organización? Que tipo de persoas enviamos ao Sur? Que tipo de traballos desenvolven no Sur? Como avaliamos ese programa? Ten algún impacto no norte os programas de voluntariado desenvolvidos no Sur?
Deberían/poderían ter máis impacto?

Mesa 4. A axuda de emerxencia en Galicia (14-15h).
o Moderada por Emilio Martínez, de Estratega Consulting.
o Alfredo Novoa, presidente do Fondo Galego.
o Xerente da Fundación Axencia Humanitaria de Galicia.
o Cruz Vermella.

Algunhas preguntas que se poderían responder: Temos en Galicia capacidade para responder ás situacións de emerxencia de forma directa? A miña organización traballa a axuda de emerxencia ou post-emerxencia? Como o fai? Existe coordinación entre os diversos axentes galegos? Podería habela? Debería habela?

As temáticas abordaranse baixo a modalidade de mesa redonda coa participación de representantes dos diferentes actores. Cada intervención inicial durará aproximadamente 10 minutos, con posterior coloquio entre relatores e público. Cada mesa redonda contará con 1h de duración.

Cursos de Cooperación sobre o Terro de ACPP

Dende Asamblea de Cooperación Por la Paz comunica que segue aberto o prazo de inscripción nos Cursos de Cooperación sobre o Terreo.

Por decimo terceiro ano consecutivo organizamos os Cursos de Cooperación sobre o Terreo, en Palestina e Israel, Marrocos, Tunisia, Senegal, Guinea Bissau, República Dominicana, Honduras, O Salvador - Guatemala e Haití (onde se amosará cómo se traballa ante unha catástrofe natural, cómo se coordina a axuda de emerxencia no país e cómo afectan os desastres medioambientais no desenvolvemento).

Durante os cursos, os/as participantes conviven con comunidades do Sur, coñecen os seus problemas a as súas condicións de vida, comproban que as ONGDs e comunidades do Sur coas que traballamos son as verdadeiras protagonistas do traballo en cooperación e manteñen reunións coas institucións financiadoras. En suma, comprenden para qué sirve o traballo en cooperación e qué pode cambiar. Estes cursos (xullo, agosto e setembro), que ofrecen aos participantes unha formación teórica e práctica, teñen como principal obxectivo a sensibilización e promover un tipo de turismo alternativo, dando a coñecer a realidade destes lugares fora dos circuítos turísticos tradicionais. O seu regreso, os/as participantes continúan implicados nos nosos proxectos e contan a súa experiencia en charlas, medios de comunicación e materiais didácticos.


Pode ler máis ao respecto na nosa sección sobre os cursos e na Web, http://www.acpp.com/CCsT.htm (verá que hai un vídeo, que lle recomendo) ou contactar con Sandra Dacosta no correo electrónico galicia@acpp.com

Curso para ONGs en Madrid

La evolución de las ONG, fundaciones y asociaciones en su adaptación a los nuevos marcos regulatorios ha generado nuevas necesidades tanto de gestión operativa diaria como en la gestión de la información.

Especialmente dirigido a organismos y empresas de servicios cuya gestión se basa en proyectos, UNIT4 Agresso Business World representa el software más avanzado para este sector, que permite realizar acciones propias de su actividad como el reconocimiento y la justificación de gastos subvencionados y partidas presupuestarias de una forma fácil, rápida y transparente.

Gracias a las características de este avanzado software, ya confían en España su gestión organismos como Médicos del Mundo, Acción Contra el Hambre, Intervida, Fundación BBVA o Save The Children España, etc. En Europa lo hacen organizaciones como la Cruz Roja de Inglaterra y Noruega, The Cancer Research Association, Save the Children... hasta un total de 75 organizaciones sin ánimo de lucro.

Desde UNIT4 tenemos el placer de invitarle a conocer la importancia de la gestión de proyectos de UNIT4 Agresso Business World en el sector de ONG, fundaciones y asociaciones. Para ello hemos organizado una sesión que tendrá lugar el próximo 6 de mayo en el Hotel Miguel Ángel de Madrid.


UNIT4 tiene el placer de invitarle el próximo:
6 mayoHotel Miguel Ángel
C/Miguel Ángel, 29-31
28010 Madrid


Agenda
09:45
Recepción y entrega de documentación


10:00
Bienvenida
D. Pedro Huertas (Sales Executive - UNIT4)


10:05
La importancia de la Gestión de proyecto en las ONG, fundaciones y asociaciones
D. Juan Miguel López (Director Recursos Financieros - Save the Children)


10:35
Impulsando el cambio
D. Rafael de la Serna (Sales Manager - UNIT4)


10:50
Pausa para café


11:15Gestión de proyectos con UNIT4 Agresso Business World
D. Carlos López (Consultor - UNIT4)


11:45Un caso de éxito: Acción contra el Hambre
D. Matías Horcher (Director Financiero - Acción contra el Hambre)


12:15Preguntas y fin de jornada

EAPN-Galicia presentou o seu manifesto por unha cidadanía inclusiva no Parlamento de Galicia


Unha delegación dos colectivos participantes no I Encontro Galego de Cidadanía Inclusiva, acompañados pola directiva da Rede Galega Contra a Pobreza (EAPN-Galicia), visitou esta mañá o Parlamento de Galicia coa finalidade de achegar as súas propostas sobre os dereitos de Igualdade e de Cidadanía á Presidenta do Parlamento e aos Voceiros dos tres Grupos Parlamentarios galegos.

Os membros da delegación de EAPN-Galicia mantiveron unha xuntanza coa Presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, e os representantes dos tres grupos con presenza na cámara: Manuel Ruíz Rivas (Grupo Parlamentario Popular), Beatriz Sestayo (GP Socialista) e Carlos Aymerich (GP do Bloque Nacionalista Galego).

Neste encontro, EAPN-Galicia presentoulles aos seus interlocutores o “Manifesto por unha Cidadanía Inclusiva”, documento no que se recollen os resultados e propostas extraídos do I Encontro Galego de Cidadanía Inclusiva, que EAPN-Galicia celebrou en Santiago o pasado 10 de abril. Este encontro reuniu medio cento de participantes correspondentes a unha ducia de colectivos en situación ou risco de exclusión social (persoas inmigrantes, sen teito, etnia xitana, mozos tutelados e ex tutelados, parados de longa duración, persoas con discapacidade e ex toxicómanos). Estes colectivos traballan coas distintas organizacións sociais integradas en EAPN-Galicia.
Foron os propios participantes quen elaboraron durante o encontro as conclusións do Manifesto presentado hoxe. En representación de todos estes colectivos, acompañaron á Xunta Directiva de EAPN-Galicia un membro do colectivo xitano, outro das persoas con discapacidade e un mozo residente en vivenda tutelada.

Un dos obxectivos esenciais da Rede Galega de Loita contra a Pobreza –EAPN-Galicia- é incidir no deseño das políticas públicas a prol dos dereitos e intereses das persoas en risco de exclusión. Coa súa presenza no Parlamento de Galicia, a organización quixo trasladarlles aos distintos representantes políticos a súa vontade de que a voz destes colectivos, plasmada no Manifesto, sexa tida en conta nos procesos de toma de decisións.

Asemade, a Xunta Directiva de EAPN-Galicia entregoulles á presidenta do Parlamento e aos grupos parlamentarios dúas resolucións nas que chama a atención, en primeiro lugar, sobre a necesidade de aumentar o dinamismo dos órganos consultivos e de asesoramento en materia de asuntos sociais, para que funcionen como espazos reais de participación; e, en segundo lugar, sobre a necesidade de utilizar as Cláusulas Sociais e a Reserva de Mercado na Contratación Pública, como forma de poñer en valor a bagaxe das entidades sociais prestadoras de servizos.

A Rede Galega contra a Pobreza nace en setembro de 2008 coa finalidade de agrupar e aunar os esforzos das entidades galegas do terceiro sector implicadas na loita contra a pobreza e a exclusión social a través da defensa dos dereitos e a participación social plena destes colectivos.

EAPN-Galicia é membro da Red de Lucha contra la Pobreza y la Exclusión Social en el Estado Español-EAPN-ES- e forma parte da European Anti Poverty Network -EAPN- unha coalición independente de ONG e outros grupos involucrados na loita contra a pobreza e a exclusión social nos estados membros da Unión Europea. Está formada polas seguintes entidades: Fundación Secretariado Xitano, Fundación Meniños, Cruz Vermella, Down Galicia, Asociación Plataforma polo Emprego, FEAFES: Federación de Asociacións de Familiares de Enfermos Mentais de Galicia, COGAMI: Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, IGAXES3, Emaús Fundación Social, Cáritas Diocesana de Ourense, Cáritas Diocesana Tui-Vigo, Federación Autismo Galicia, Asociación Galicia Acolle, ACCEM Galicia.

Programa de vacacións de COCEMFE

COCEMFE abre o prazo para solicitar un dos seus programas de vacacións entre os meses de Xuño e Decembro do 2010

Como cada ano, a Confederación Española de Persoas con Minusvalidez Física e Orgánica (COCEMFE) abriu o prazo para que aquelas persoas con minusvalidez que o desexen poidan solicitar algún dos seus programas de vacacións en diferentes destinos: praias, illas, termalismo, Europa ou turismo interior.

Quen pode participar neste programa?

Todas aquelas persoas cunha minusvalidez física e un gradou de minusvalía maior ou igual ao 33%, tendo prioridade os que superen o 50% e maiores de 16 anos.
Aquelas persoas que utilicen cadeira de rodas ou necesiten axuda para as actividades cotiás poderán levar acompañante.

Que documentación hai que presentar?

Débese cubrir a folla de solicitude específica: http://www.cocemfe.es/fundacion+cocemfe/vacaciones_2010/pdf/SOLICITUD+2010.pdf

E acompañar dos seguintes documentos:
Fotocopia do certificado de minusvalidez completo.
Fotocopia do DNI por ambas as dúas caras.
Fotocopia do libro de familia numerosa (de ser o caso)
En caso de Unidade Familiar de Convivencia con ingresos inferiores ou iguais a 7133 €: fotocopias de nóminas, pensións e/ou xustificantes de ingresos derivados de rendas; e certificado de empadroamento.

Como se realiza a solicitude?

Unha vez cubertos os formularios e reunida a información necesaria, a documentación deberá ser remitida á oficina de COCEMFE - Departamento de Vacacións:
Dirección postal: C/ Eugenio Salazar, 2 -28002 - Madrid.
Teléfono: 914138001. Fax: 914169999
Cando remata o prazo de presentación?

O prazo de presentación para cada un dos programas rematará dous meses antes da data de saída de cada un deles.

O pagamento efectuarase con 30 días de antelación, unha vez confirmada a praza, mediante transferencia bancaria a:

COCEMFE

Entidade: A Caixa. Número de Conta: 2100 1570 74 0200150916.
Unha vez realizada a transferencia deberase remitir a COCEMFE o resgardo do ingreso indicando o nome do beneficiario, a data e a quenda solicitada.

Onde obter máis información?

Estas condicións xerais, así como os formularios e toda a información sobre os diferentes programas de vacacións, poderédelo encontrar na páxina web: http://www.cocemfe.es/fundacion+cocemfe/vacaciones_2010/index.htm

Amigos da Terra e Agareso expoñen na Biblioteca Municipal de Pontevedra o traballo sobre O Golfo de Fonseca


O vindeiro mércores 14 de abril, ás 12 horas, Amigos da Terra presenta de forma oficial na Biblioteca Pública de Pontevedra a exposición "Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible" , organizada en colaboración por Amigos da Terra e AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios).

Amigos da Terra e a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO), a través dun convenio de colaboración, comezaron no ano 2009 un proxecto de sensibilización que permitirá dar a coñecer en Galicia o traballo que Amigos da Terra leva a ca bo no Golfo de Fonseca en temas de pesca artesanal sostible.

O primeiro paso foi a viaxe de cinco reporteiros rumbo ao Golfo de Fonseca para visitar os proxectos que a asociación e stá a desenvolver en Nicaragua, O Salvador e Honduras, tres países que comparten a xestión e uso desa área xeográfica, un ecosistema que destaca pola súa biodiversidade mariño-costeira.

Esta exposición, reflexa a través de 30 instantáneas as primeiras impresións e vivencias deste grupo de reporteiros durante a súa visita aos proxectos de Amigos da Terra.

Traballo abre o prazo para a solicitude das axudas para a promoción da autonomía persoal e a accesibilidade

A consellería de Traballo e Benestar abre o prazo para a solicitude das axudas para a promoción da autonomía persoal e a accesibilidade (axudas non periódicas).

O mércores 7 de abril publicouse no DOGA a orde que establece as bases reguladoras para a solicitude das axudas individuais non periódicas para as persoas maiores e persoas con minusvalidez.

A finalidade das axudas é a de colaborar en determinados gastos que inclúen:

Apoiar a persoa con axudas técnicas ou produtos de apoio.
Axudas técnicas para o aseo e a hixiene persoal.
Axudas técnicas para a alimentación.
Axudas técnicas para a mobilidade, posicionamento e protección persoal.
Axudas técnicas para a comunicación aumentativa e alternativa.
Axudas técnicas para o acceso ás novas tecnoloxías.
Axudas técnicas para persoas con minusvalidez auditiva.
Axudas técnicas para persoas con minusvalidez visual.
Contía máxima subvencionable: 2500 €.

Facilitar as adaptacións do fogar e eliminación de barreiras arquitectónicas e de comunicación no interior da vivenda.
Actuacións destinadas a facilitar o acceso, a mobilidade, a comunicación e a realización das actividades da vida diaria.
Contía máxima subvencionable: 3000 €.


Poderán solicitar estas axudas: Persoas con minusvalidez, menores de 65 anos que teñan recoñecido un grao de minusvalía igual ou maior o 33%.
Persoas que teñan recoñecida a situación de dependencia polos equipos de valoración correspondentes e o dereito ás prestacións do sistema para a promoción da autonomía e atención á dependencia. Considéranse os seguintes graos e niveis:
Grao III, niveis 1 e 2.
Grao II, niveis 1 e 2.

Tamén poderán solicitar a axuda as persoas que solicitasen o recoñecemento da súa situación de dependencia ANTES da data de publicación da orde (7 de abril de 2010).

Persoas maiores de 65 ou máis anos que acrediten a necesidade dunha axuda que non estea incluída noutras liñas de protección social ou sanitaria.

Ademais, os beneficiarios deberán cumprir os seguintes requisitos: Residir na Comunidade Autónoma de Galicia. Que a axuda solicitada derive da súa minusvalidez ou do seu grao e nivel de dependencia; que a axuda solicitada non estea incluída noutras liñas de protección social ou sanitaria; que a renda per cápita da unidade familiar do solicitante non supere o 125% do IPREM do ano 2010. Non ter percibido nos dous últimos anos axudas para o mesmo fin e solicitado a través de axudas individuais.

Cada solicitante só poderá solicitar a axuda correspondente a través dun só dos supostos recollidos como actuacións subvencionables.

Presentación de solicitudes: Débese presentar a folla de solicitude debidamente cuberta e asinada polo solicitante, xunto coa documentación requirida no departamento territorial da Consellería de Traballo e Benestar correspondente:


DIRECCIÓN XERAL DE ACCIÓN SOCIAL

SUBDIRECCIÓN XERAL DE DISCAPACIDADE
SERVIZO DE PROGRAMAS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE
Edificio Administrativo San Caetano, s/n
15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981544284 Fax: 981545691


DEPARTAMENTO TERRITORIAL DE A CORUÑA

SERVIZO DE DEPENDENCIA E AUTONOMIA PERSONAL
R/ Concepción Arenal, 7-9
15006 A CORUÑA
Teléfono: 981288188 Fax: 981182525


DEPARTAMENTO TERRITORIAL DE LUGO

SERVIZO DE DEPENDENCIA E AUTONOMIA PERSONAL
Ronda da Muralla, 70
27071 LUGO
Teléfono: 982294438 Fax: 982294898


DEPARTAMENTO TERRITORIAL DE OURENSE

SERVIZO DE DEPENDENCIA E AUTONOMIA PERSONAL
Rúa Saénz Díez, nº 39-baixo
32003 OURENSE
Teléfono: 988386929 Fax: 988386131


DEPARTAMENTO TERRITORIAL DE VIGO

SERVIZO DE DEPENDENCIA E AUTONOMIA PERSONAL
Concepción Arenal, 8 -1º
36201 VIGO
Teléfono: 889218265 Fax: 986817637


Tamén se poderá presentar a través dun rexistro público da Xunta de Galicia ou nos servizos sociais do concello.

O prazo de presentación remata o 7 de maio de 2010.

Documentación necesaria:

Ademais da folla de solicitude (que se achega a esta carta), os solicitantes deberán presentar:

Fotocopia compulsada do DNI.
Certificado de convivencia do padrón municipal do concello no que resida.
Presuposto do gasto que se vai realizar.
Declaración de todas as axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo fin.
Autorización do solicitante (a través do modelo que se achega a esta carta) para que se realicen as consultas necesarias sobre a situación económica familiar na Axencia Estatal de Administración Tributaria.
Documentación xustificativa doutros ingresos que non se poidan obter polo sistema anterior.
De ser o caso, e segundo o tipo de subvención solicitada:
Informe médico que indique a necesidade da axuda técnica solicitada.
Informe social que indique a necesidade de adaptación de vivenda.
Informe médico no que se indique a necesidade de uso de páx. ´ rotesis dental e/ou audiófono.
De ser o caso, informe social emitido polos servizos sociais de atención primaria e/ou especializada acreditativo das circunstancias de vivenda do solicitante.
Copia da solicitude de evolución do grao de dependencia para aquelas persoas que se encontren nesta situación.

O prazo de resolución será de 6 meses a partir do peche do prazo de solicitude.

Máis información: http://www.xunta.es/apps/gdp/showFile.do?codCons=BS&codProc=609B

O restaurante Flash Flash de Madrid colabora coa Fundación Anade

Dende o restaurante Flash Flash de Madrid, tiveron unha magnifica idea solidaria. Os martes do mes de abril dedican un 10% da recadación á Fundación Anade para axudarnos na realización dos nosos programas.

Esta forma de colaborar connosco parécenos magnífica e dende a Fundación Anade queremos pedirvos que vos acheguedes ao restaurante FLASH FLASH para poder axudarnos e pasar unha reunión moi agradable en compañía do equipo do restaurante que vos atenderá con agrado e esmero.

Queremos pedirvos que nos axudedes a difundir esta proposta e agradecer á dirección do restaurante a súa axuda altruísta e solidaria para coas asociacións, fundacións e colectivos que traballamos a favor das persoas que máis difícil o teñen poder integrarse na sociedade.

A Aldea dos Contos de Mensaxeiros para a paz chega a Madrid

A Aldea dos Contos, é unha gran feira solidaria, enfocada principalmente ao público infantil, que se celebrará na Praza de España de Madrid durante todo o mes de abril, a beneficio das actividades da ONG Mensaxeiros da Paz, para axudar aos damnificados do terremoto de Haití.

Trátase dunha gran montaxe dedicada ao mundo dos contos infantís tradicionais, no que se desenvolverán actividades lúdicas, culturais e solidarias. O centro da feira é o Libro Máxico, un teatro interactivo instalado nunha carpa dende o que se repserenta, con sesións diarias "o Libro dos Contos" no que actores caracterizados de personaxes que saen do propio libro, representan contos con trasfondo solidario. Ademais, hai atraccións, carruseis, accións de animación e numerosas casetas decoradas coa estética dos contos, onde poden comprar produtos de artesanía, regalos e libros de contos. Tamén se dispuxeron outras onde se serven bebidas e alimentación.

Mensajeros da Paz conta cun posto informativo sobre as súas actividades en Haití onde se recollerán donativos.

Esta feira está organizada por Mensaxeiros da Paz, xunto coa empresa Promoción e Produción de Feiras e conta co apoio do Concello de Madrid, a través da Xunta de Distrito de Moncloa-Aravaca, e a colaboración da Editorial SM.

A Aldea dos Contos permanecerá na Praza de España de Madrid ata 4 de maio de 2010, en horario ininterrompido de 10'00 a 21'00 horas, todos os días da semana. Despois de Madrid, a feira visitará varias cidades españolas.

Mensajeros da Paz mobilizouse inmediatamente para axudar á poboación haitiana damnificada polo terremoto. Apenas 48 horas despois da catástrofe, chegaban a Haití os primeiros cooperantes das ONG, xunto cun primeiro envío de axuda humanitaria. Dende entón, persoal e cooperantes de Mensaxeiros da Paz traballan na zona para prestar asistencia médica, material, social e psicolóxica aos damnificados do terremoto, tanto en Haití coma na República Dominicana.

As principais actividades de Mensaxeiros da Paz a favor de Haití son: o envío de máis de máis de 150 toneladas de medicamentos, material sanitario e de primeira necesidade, o traslado de cooperantes e brigadas sanitarias para colaborar en distintos hospitais haitianos, a creación e mantemento do Fogar de Acollida para nenos sós, a apertura e establecemento dunha ponte aérea humanitaria entre Santo Domingo e o sur-oeste de Haití, e a atención a familias en dous campamentos de desprazados, situados aos arredores de Porto Príncipe, que dan acubillo, alimentación e servizos básicos a máis de 3.500 persoas que perderon o seu fogar.

As actividades de Mensjeros de la Paz en Haití realízanse conxuntamente coa ONG Infancia sen Fronteiras.

A Aldea dos contos foi inaugurada o pasado venres 9 de abril, contando coa presenza do Concelleiro de Moncloa-Aravaca, Don Álvaro Ballarín Valcárcel, e a do Padre Angel García Presidente e Fundador de Mensaxeiros da Paz

Solidaridade Internacional pon en marcha o seu programa de Vacacións Solidarias 2010


O programa de VACACIÓNS SOLIDARIAS dáte a oportunidade de coñecer de primeira man un proxecto de cooperación ao desenvolvemento nun país onde traballa Solidariedade Internacional de Galicia.

O programa ten como obxectivo sensibilizar persoas da sociedade en xeral, e en especial aqueles interesados na cooperación ao desenvolvemento, sobre a realidade que se vive noutros países, así como facilitar unha mellor comprensión das causas da desigualdade e as súas posibles solucións.

Espérase que a través desta experiencia os participantes no Programa de VACACIÓNS SOLIDARIAS afiancen o seu compromiso por un cambio social e involúcrense en accións de promoción de valores e actitudes tendentes a lograr condicións de igualdade para todos, baseándose en criterios de xustiza, paz, equidade, democracia, participación e solidariedade.

Dende hai once anos a través deste programa os voluntarios/as colaboran durante a súa estanza (3 a 4 semanas) en actividades de proxectos de cooperación en marcha, co propósito de coñecer, traballar e intercambiar coas comunidades que están a traballar pola construción do seu propio desenvolvemento. Os e as cooperantes de Solidariedade Internacional de Galicia, xunto co persoal das ONGs locais coas que traballamos en cada país, coordinan a estanza dos voluntarios.

Unha vez que as persoas participantes estean de volta en España, poderán implicarse en actividades de voluntariado que apoian tarefas de sensibilización relacionadas cos proxectos que desenvolve Solidariedade Internacional de Galicia.

Este ano, 2010, propóñense 5 países de destino e 14 proxectos de cooperación nos cales podes participar.

Marilar Aleixandre estará no Club de Lectura, organizado por A Cova da Terra e Implicadas/os no desenvolvemento.

A próxima reunión do Club de Lectura, organizado por A Cova da Terra e Implicadas/os no desenvolvemento, será o mércores 28 de abril, ás 20:00 horas na Libraría Trama (Avd. da Coruña, 21, Lugo).

A obra elexida será A cabeza da Medusa e contaremos coa presenza da autora do libro, Marilar Aleixandre. As reunións pretenden ser participativas e o libro é un pretexto para falar sobre as cuestións que nos preocupan.

A Asociación de Discapacitados de O Carballiño pon en marcha unha campaña de recollida de teléfonos móviles

A asociación de discapacitados físicos de O Carballiño pon en marcha unha campaña de recollida de teléfonos móviles fora de uso.

O secretario da asociación, Gerardo Pinto Carreño asegurou a Agareso que se trata dunha campaña que ten coma fin limpar de residuos electrónicos e radioactivos a comarca do Carballiño. “Trátase duns residuos moi perxudiciais para a saúde das persoas en xeral”.

“Con esta iniciativa que pomos en marcha dende a asociación de discapacitados físicos de O Carballiño de cara a toda a cidadanía xeral, queremos incrementar a plantilla de obreiros que necesita a asociación para o seu correcto funcionamento, e para iso precisamos a colaboración da campaña”, engadiu.

Pinto Carreño aseguro que cada teléfono que se recolla será invertido para a compra das ferramentas que se precisan para seguir a traballar día a día nesta asociación “e ser así, un pouco máis independentes tanto no eido laboral como dentro da nosa sociedade”.

Esto tradúcese nun paso adiante para as persoas minusválidas que queren servir a súa comunidade. “Trátase dunha obra social para personas que quieren integrarse en la vida laboral y social”.