SABE O QUE A EUROPA SOCIAL PODE FACER POR VOSTEDE?

Esta é a pregunta central dunha campaña lanzada pola Comisión Europea co obxectivo de dar a coñecer o traballo realizado pola Unión Europea (UE) na área do emprego e dos asuntos sociais. Tras o éxito da súa presentación en 45 cidades europeas, a campaña visita Galicia.

O evento terá lugar na cidade de Santiago de Compostela, no paseo central da Alameda, os días 30 de xuño e 1 de xullo de 2010 e contará coa organización de seminarios, coloquios, debates, maxia, arte, música e información…

Abre o prazo de inscrición do encontro sobre novas políticas europeas contra a pobreza

Abriu o prazo de inscrición do encontro sobre novas políticas europeas contra a pobreza e a exclusión social organizado pola Rede Galega Contra a Pobreza (EAPN- Galicia).

A ¿NOVA? ESTRATEXIA EUROPA 2020
A POLITICA EUROPEA DE LOITA CONTRA A POBREZA E A EXCLUSIÓN SOCIAL

2 de xullo de 2010
Facultade Ciencias Políticas. Campus Sur. Santiago de Compostela

DIRIXIDO A
Persoas voluntarias de entidades de acción social.
Persoal especializado e técnicos das organizacións sociais galegas

Responsables políticos e técnicos da Xunta de Galicia e da Administración Local galega

OBXECTIVOS DO SEMINARIO

• Coñecer a nova Estratexia Europa 2020 a partires da avaliación da anterior Estratexia de Lisboa.
• Afondar nos contidos da Estratexia no tocante á loita contra a pobreza e a exclusión social.
• Identificar a adaptación das liñas da Estratexia no ámbito autonómico e local galego.
• Reflexionar sobre as oportunidades prácticas de facilitar a inclusión activa con participantes, especialmente á hora de ser competitivos no mercado de traballo.

INSCRIPCION PREVIA E GRATUITA

Ata o día 29 de xuño no seguinte enderezo:

formacion.eapngalicia@gmail.com

Primeiros resultados do obradoiro de manualidades de Asem Galicia


Estas son as primeiras obras de arte confeccionadas polos participantes do obradoiro de manualidades que está a desenrolar ASEM Galicia todos os xoves pola tarde.

Dende aquí animamos a todos os que estedes interesados a aprender esta técnica a que vos apuntedes a este obradoiro no teléfono 986378001.

Estos platos decorados ESTÁN XA A VENTA. Por un módico precio podéis conseguir estas obras totalmente artesanales e contribuir a que ASEM Galicia siga a desenrolar proxectos tan interesantes como éste.

Novo canal de televisión para dependentes

A Universidad de Vigo diseña un canal de televisión para persoas con dependencia. Os usuarios poderán acceder a servicios a través do mando a distancia.

Entidades como ASEM, CRUZ ROJA, COGAMI, PARKINSON, AXETRA colaboran co asesoramento.

Podedes leer a nota de prensa no seguinte enlace:

http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2010/06/05/0003_8529539.htm

Campamentos de verán de Cogami

A Confederación Galega de Minusválidos (COGAMI) organiza un programa de ocio e tempo libre adicado a persoas con discapacidade entre 25 e 60 anos de Galicia.

Realizarase en dous turnos, un do 15 ao 21 de agosto e o segundo, do 22 ao 28 do mesmo mes.

O lugar escollido será o complexo residencial Rialta, en A Coruña. Para participar deberase cubrir a folla de inscripción e enviar a COGAMI.

Máis información www.cogami.es

Traslado sede do Ateneo Ferrolán

Con motivo do inminente inicio das obras de rehabilitación da Sede do ATENEO FERROLÁN (Edificio 202 e 204 da Rúa Magdalena) iniciamos o traslado temporal dos nosos fondos, que estarán depositados en almacenamento da Empresa Mudanzas Félix polo tempo de execución de dita rehabilitación de quince meses.

Así mesmo, transmitimos aos socios e socias e á cidadanía en xeral que manteremos a atención ao público e a programación prevista, revista trimestral, administración ..... e calquera outra actividade cultural que desenvolveremos no propio Ateneo ou nun espazo alternativo.

Riveira celebra Cine África

A localidade de Riveira será escenaria da celebración os días 21 e 22 de xuño do ciclo de cine sobre África.

Toda a información sobre este Programa de Cine África se pode atopar na páxina www.cineafrica.es

Lembramos que a mostra será acollida no auditorio Municipal de Riveira, na Praza dos Mariñeiros os días 21 e 22 de xuño das 9:30 ás 13:30 horas.

A entrada é gratuíta ata completar aforo.

Derradeiras prazas para a prácica sobre comercio xusto en Lugo

Curso: "A práctica do Comercio Xusto dende a perspectiva da Soberanía Alimentar" DERRADEIRAS PRAZAS!!! organizadas por Cova da Terra.

18 de xuño (venres) e 19 de Xuño (sábado)

Centro de Convivencia Maruja Mallo, Carril das Hortas, s/n Lugo

Inscricións:

Para inscribirvos, mandade un correo electrónico co voso nome, organización á que pertencedes e un teléfono de contacto a: covadaterra@yahoo.es

- período de inscrición estará aberto ata o día 14 de xuño.

- número de prazas esta limitado a 25 persoas

- xantar dos dous días está incluído

Madrid enlázase pola Infancia


Mensajeros de la Paz pon en marcha unha pegada de Lazos Solidarios a favor dos nenos victimas das guerras na Porta de Alcalá - Praza da Independencia(Madrid).

Domingo 20 de xuño, ás 12'00 hs. coa presenza de nenos e diversas personalidades, acompañados por do Padre Angel e Amaya Morera, autora da novela Lazos e Gravatas.

O 65% dos damnificados directos de calquera contenda bélica son menores. Ademais das feridas ou lesións sufridas en ataques e bombardeos, moitos nenos nacen con malformacións e enfermidades conxénitas en zonas onde se produciron guerras. Igualmente, os nenos son os máis prexudicados polo colapso ou a destrución do sistema sanitario, educativo e asistencial en países en guerra e polas carencias de alimentación, auga potable, ou doutro tipo de servizos que se padecen en situacións bélicas e post-bélicas.

A Casa da Paz, proxecto da ONG Mensaxeiros da Paz, leva máis de seis anos asistindo en Madrid a nenos feridos ou enfermos procedentes de zonas de conflito.

Invítase a todos os nenos madrileños a que acudan, o próximo domingo 20 de xuño ás 12.00 da mañá, a decorar a fachada da Porta de Alcalá con máis de 500 lazos solidarios para testemuñar o seu apoio a outros nenos que sofren as consecuencias de conflitos armados. Ao acto asistirán autoridades públicas, personaxes do mundo cultural e social, o Padre Ángel e Amaya Morera.

Amaya Morera cedeu o 100% dos beneficios que obteña pola venda da súa novela "Lazos e Gravatas, cousas da vida... " ao proxecto da Casa da Paz.

A través do Proxecto casa da Paz", foi posible que máis de 350 nenos procedentes de Iraq, Afganistán, Líbano, Territorios Palestinos, e varios países de América Latina, reciban tratamento médico en España das súas lesións ou enfermidades.

Mensajeros da Paz é unha ONG declarada de Utilidade Pública, que foi fundada en 1964 polo Padre Ángel García, quen dende entón a preside. Posúe implantación en todo o territorio nacional, estando tamén presente en 39 países do mundo, nos que desenvolve actividades sociais centradas na protección da infancia, a atención a anciáns e a outros sectores sociais vulnerables tales como discapacitados físicos e psíquicos, mulleres vítimas de violencia doméstica, así como o apoio ao desenvolvemento das comunidades e o envío de axuda humanitaria urxente de países que sufriron desastres naturais ou atravesan momentos de dificultade especial.

Mensajeros da Paz recibiu numerosos recoñecementos ao seu labor, entre eles o Premio Príncipe de Asturias da Concordia e a Gran Cruz de Ouro a Orde Civil da Solidariedade Social. Tamén posúe Status consultivo Espacial ante o Consello Económico e Social (ECOSOC) das Nacións Unidas.

Presentación da Campaña Madera Justa en Lugo

O xoves 17 de xuño ás 18:00 horas no salón de actos da E.P.S e logo ás 20:00 horas no local de A Cova da Terra en Lugo terá lugar a presentación da Campaña Madera Justa, na que intervirán: Xabier Bruña (A Cova da Terra), Pablo López (FSC-Galicia) e Ana Rízquez (Copade).

Equus Cebra conta xa co seu boletín de maio, especial X aniversario



A asociación Equus Cebra dedicada ao inmigrante e con sede na Coruña acaba de presentar o seu boletín de maio.

Este boletín é especialmente interesante xa que se edita con motivo do seu X aniversario.

Animamos a todos os interesados a que o coñezan a través da páxina web:
www.equuszebra.es

Ademais, cambia tamén o horario da asociación en verán.

Curso sobre "Violencia contra a muller: un enfoque multidisciplinar" en A Coruña

O próximo venres 11 de abril finaliza o prazo para matricularse no Curso "Violencia contra a Muller: un enfoque multidisciplinar" que se desenvolverá dende o 14 ata o 28 de xuño de 2010 desenvolverase no Centro Asociado UNED-A Coruña (c/ Pepín Rivero n.º 3, 15011 da Coruña).

Este curso está organizado por Ecos do Sur e polo Centro Asociado UNED-A Coruña, co financiamento da Secretaría Xeral de Igualdade de la Xunta de Galicia.

Os obxectivos do curso son os de proporcionar formación especializada sobre a violencia de xénero dende diferentes puntos de vista (social, xurídico, sanitario, psicolóxico, laboral, intercultural), así como propoñer distintas modalidades de intervención efectiva con mulleres vítimas de violencia de xénero.

O programa do curso será o seguinte:

Luns 14, 18:30-20:30 h. "Aproximación teórica á violencia de xénero", por Dña. Rosa Cobo Bedia, Profesora de Socioloxía da Universidade da Coruña.

Martes 15, 18:30-20:30 h. "Perspectiva dende as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado da violencia de xénero", por Dña. María Olga Serrano Pedrós, Fiscal da Audencia Provincial da Coruña.

Mércores 16, 18.30-20.30 h. "Asistencia sanitaria ás vítimas de violencia de xénero", por Dña. María Berta Rodríguez Martínez, Médico Forense, Subdirectora do IMELGA da Coruña.

Xoves 17, 18:30-20:30 h. "Marco xurídico da violencia de xénero: marco legal, estatal e autonómico", por Dña. Raquel Castillejo Manzanares, Profesora de Dereito Procesual da Universidade de Santiago de Compostela.

Venres 18, 18:30-20:30 h. "Aspectos psicosociais para a intervención con vítimas de violencia de xénero", por José María Freire Duro, Licenciado en Psicoloxía, Responsable da Área de Saúde Mental de Ecos do Sur e Psicólogo da Unidade Móbil de Médicos do Mundo - Galicia.

Luns 21, 18:30-20:30 h. "Violencia de xénero e inmigración. O enfoque da mediación cultural", por Dña. Elizabeth Uribe, Coordinadora do Servizo de Tradución e Mediación Intercultural de Barcelona (ABD).

Martes 22, 18:30-20:30 h. "Situación laboral das vítimas de violencia de xénero", por Dña. Cristina Justo Suárez, Licenciada en Socioloxía, Axente de Igualdade de Oportunidades para Mulleres e Máster en Xénero e Políticas Públicas.

Xoves 24, 18:30-20:30 h. "A importancia da intervención social: recursos sociais e socioeconómicos destinados ás vítimas de violencia de xénero", por Dña. Nazaret González Martínez, Axente de Igualdade e Directora do Centro de Información á Muller (CIM) de Ordes.

Venres 25, 18:30-20:30 h. "A intervención cos maltratadores", por Dña. Nuria González Lois e Dña. Verónica Vázquez Domínguez, Psicólogas especialistas na intervención e rehabilitación de maltratadores.

Luns 28; 18:30-20:30 h. "Unidades de violencia de xénero do ministerio de igualdade", por Dña. Laura Rodríguez, Xefe da Unidade de Coordinación e Violencia sobre a Muller do Ministerio de Igualdade na Delegación do Goberno en Galicia.

O curso está destinado principalmente a profesionais e estudantes do ámbito social interesados/ás en adquirir coñecementos integrais relacionados coa temáticas da violencia de xénero.

A matriculación poderase realizar mediante calquera das seguintes vías:

Na SECRETARÍA do Centro Asociado de UNED-A Coruña, entregando a folla de inscrición debidamente cumplimentar co xustificante bancario de pagamento de matrícula. No caso de esudiantes e persoas no paro deberase achegar copia da tarxeta de estudante ou da tarxeta do demandante de emprego, segundo corresponda.

A través do fax de Ecos do Sur: 981 16 83 49 981 16 83 49 , enviando a folla de inscrición debidamente cumplimentar co xustificante de pagamento e, se procede, a documentación xustificativa de estudos ou paro.

A través do correo electrónico ong@ecosdosur.org enviando todos os datos da folla de inscrición no correo electrónico co xustificante de pagamento escanear e, se procede, a documentación xustificativa de estudos ou paro.

O prezo da matriculación será de 20 € (10 € para persoas estudantes, paradas ou pensionistas).

O número de conta para facer o ingreso será o seguinte:

(A Caixa) 2100-2725-28-0200034085. No concepto do ingreso haberá que especificar "Curso Violencia contra a Muller" así como o nome e apelidos da persoa matriculada.

Expedirase diploma acreditativo aos/ás alumnos/ás que completen o curso. Foron concedidos 2 créditos UNED de libre configuración e 1 crédito ECTS, e solicitouse 1 crédito de libre configuración na Universidade dá Coruña.

Festa en pro da ONG Tierra de Hombres en Cambre (A Coruña)


O próximo 20 deste mes de xuño, terá lugar unha festa infantil solidaria a favor do proxecto "Viaxe á vida" organizada pola ONG Tierra de Hombres en Cambre.

A festa celebrarase no parque da igrexa deste municipio de once da mañá a sete da tarde.

Neste acto haberá hinchables para os nenos, xogos, karaoke, papirofelxia, obradoiros e contacontos. Colabora Axiña e o mago Martín.

Tamén haberá un stand con información e material solidario.

Curso sobre Soberanía Alimentar en Lugo

O sábado 18 e o sábado 19 de xuño, no Centro de Convivencia Maruja Mallo de Lugo (R/ Carril das Hortas) terá lugar o curso “A práctica do Comercio Xusto dende a perspectiva da Soberanía Alimentar" organizado por A Cova da Terra, Espacio por un Comercio Justo, Panxea e Xarxa Consum Solidari.

O número de prazas está limitado a 25 persoas, para a inscrición mandar un correo co nome, organización á que pertencedes e un teléfono de contacto a covadaterra@yahoo.es.

A data límite de inscrición será ao 14 de xuño.

Curso de conservación de sementes na Cova da Terra, Lugo

O sábado 5 de xuño, ás 17:00 horas, A Cova da Terra organiza no seu local (Rúa Nóreas, nº 12 baixo de Lugo) o Curso de Conservación de Sementes, que será impartido por Marcos Varela e María Losada (productores de ecolóxico).

Para máis información: covadaterra@yahoo.es