Cursos e actividades en Ourense organizadas por Discfis e Renacer

- Curso de habilidades sociais organizado pola asociación de Fibromialgia: Será o 23 (de 16:00 a 19:45) e o 24 de abril (todo o día) no centro de Maiores de Obra Social La Caixa (R/ dá Farixa). Data límite de inscrición o 12 de abril en DISCAFIS.

- Proxección da pelídculoa AVATAR no cine Leiro. Todos aqueles interesados deben chamar o tlf 988233304.

- Charla sobre prevención de Caídas organizada por Renacer: o día 2 de marzo ás 12:00 h no salón de actos do centro Aixiña (R/ dá Farixa).

Aberta a convocatoria do bonotaxi no concello de Vigo para persoas con movilidade reducida

Aberta a convocatoria para a solicitude do Bonotaxi no Concello de Vigo.

Xa foi publicado no Boletín oficial a apertura da convocatoria para todas aquelas persoas con mobilidade reducida empadroadas no concello de Vigo.

O prazo de solicitude remata o 27 de marzo de 2010.

Finalidade das subvencións

Constitúen a finalidade das axudas económicas que se convocan, favorecer o desprazamento na cidade, mediante a utilización do servizo público de taxi, a aquelas persoas afectadas de graves dificultades de mobilidade, e que non poden utilizar o transporte público colectivo.

Contía das subvencións

A contía máxima por beneficiario será de 450 €.


Requisitos dos solicitantes

a) Estar empadroado e residir no municipio de Vigo cunha antigüidade dun ano, anterior á apertura do prazo da convotoria do ano 2010 e permanecer de alta no padrón municipal mentres se perciba a axuda.

b) Ter catro anos de idade cumpridos antes da finalización do prazo para solicitar as axudas.

c) Estar afectado de graves dificultades de mobilidade, sen estar imposibilitado totalmente para o desprazamento. Debe ter recoñecida a condición legal de minusválido afectándolle gravemente á súa mobilidade e que non poida utilizar os transportes públicos colectivos e así se acredite no certificado oficial de minusvalía, emitido polo Equipo de Valoración e Orientación (EVO).

d) Non ser titular de vehículo automóbil propio adaptado para a conducción.

e) Os recursos económicos teranse en conta para establecer a lista de concesión do “bono-taxi”, que será por orde inversa á contía da renda per cápita anual ou mensual da unidade familiar.

Establecerase unha discriminación positiva cando a unidade familiar estea composta por unha soa persoa, neste caso dividiranse os ingresos entre 1,5.


Recursos económicos computables.


Para o cómputo dos recursos económicos da unidade familiar na que se integra o solicitante, teranse en conta a renda do último exercicio fiscal dos seus membros.


Por renda enténdese a totalidade dos rendementos netos da unidade familiar derivados de:

a)Rendementos do traballo

b)Rendementos do capital mobiliario e inmobiliario

c)Rendementos das actividades empresariais ou profesionais.





Aos efectos da presente convocatoria entenderase por unidade familiar :

A formada polos cónxuxes e os seus descendentes que convivan habitualmente.
Nos casos de separación legal, viuvez, familia monoparental ou unión de feito sen vínculo matrimonial, a formada polos respectivos titulares cos seus descendentes, que convivan habitualmente.
A formada polo posible beneficiario e seus acolledores de feito e de dereito que convivan habitualmente.
A separación transitoria motivada por razóns de estudo, traballo, tratamento médico, non rompen a convivencia para estes efectos.


Documentación


A solicitude segundo modelo (Anexo I) irá acompañada da seguinte documentación, agás as persoas que foron beneficiarias da tarxeta “bono-taxi” no ano 2009, que soamente achegarán xunto coa solicitude a documentación dos puntos 3º e 4º. A outra documentación achegarase se sufrira algún cambio con respecto a convocatoria do ano anterior:

Fotocopia do DNI do solicitante e, no seu caso, DNI do representante legal. E documentación acreditativa da patria potestade ou representante legal do menor (libro de familia ou resolución xudicial).
Fotocopia do certificado oficial de minusvalía expedido polo Equipo de Valoración e Orientación, no que conste que esta afecta gravemente á súa mobilidade e ten dificultade para a utilización do transporte colectivo.
Declaración responsable (Anexo II) na que se faga constar:
Que o solicitante non se atopa incurso en ningunha das causas de prohibición enumeradas no artigo 13 da Lei 38/2003, Xeral de subvencións, e 10 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia.
Non ser titular de vehículo automóbil propio adaptado para a conducción.
Utilizar á axuda unicamente para desprazamentos dentro do termino municipal .
Aceptar ás actuacións de comprobación que acorde a Comisión de Valoración.
Fotocopia completa correspondente ao último período impositivo do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas dos membros da unidade familiar sometidos a dito imposto ou certificado negativo expedido pola Administración Tributaria.
Certificado da/as pensión/s ou prestacións percibidas no ano da solicitude.

O departamento Poderá solicitarse calquera outra documentación que se considere convinte na instrucción do procedemento.


Lugar e prazo de presentación de solicitudes


O prazo de presentación das solicitudes será ata o 27 de Marzo de 2010.

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo ou en

calquera dos previstos no artigo 38 da Lei de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

A ONG Amarante abre unha nova 'Xanela o Sur' para fomentar o voluntariado en Galicia

O programa Xanela Aberta ao Sur que desenvolve a organización Amarante ten como obxectivo principal sensibilizar á poboación galega sobre as causas da pobreza e os impactos das desigualdes entre o Sur e o Norte Global. Esta será a 11ª edición do programa polo que xa levan pasado unhas 900 persoas, das que visitaron países do Sur case 200.

O programa desenvólvese en tres fases diferenciadas: FORMACIÓN, VIAXES E AVALIACIÓN-DIFUSIÓN. O primeiro paso do Xanela son as xornadas de formación que no decorrir do anos aumentaron de dúas sesións ás catro sesións actuais. Estas xornadas están adicadas ó traballo en grupo e ó achegamento teórico a conceptos relacionados coa cooperación e a solidariedade, como poden ser a Soberanía Alimentar, O comercio Xusto ou a denuncia das políticas económicas internacionais.

Ata o 25 de marzo poderán inscribirse todas aquelas persoas que desexan formarse en cooperación e visitar un proxecto en Brasil, Ecuador ou Marrocos.

XXV Encontros de Educación para a Paz

O Seminario Galego de Educación para a Paz organiza os XXV Encontros de Educación para a Paz que terán lugar en Santiago de Compostela entre os días 11 e 13 de Marzo próximo.

A matrícula pode realizarse por correo electrónico na web: www.sgep.org ou telefonicamente no 981-561956.

Os Encontros están homologados cun crédito de libre configuración polas tres universidades galegas.

ASEM Galicia celebra o día das enfermidades "raras"

O domingo 28 de febreiro é o día dedicado á conmemoración mundial das enfermidades catalogadas como "raras". As enfermidades neuromusculares, con máis de 150 diagnósticos distintos e unha cifra de afectados en toda España que rolda as 30.000 / 40.000 familias encóntranse dentro deste grupo de patoloxías.

Así, ASEM Galicia, por segundo ano consecutivo, quere participar na celebración deste día e preparou un acto en Vigo o próximo sábado 27 de febreiro. Neste participarán diferentes especialistas médicos que tratarán temas como a estratexia nacional das enfermidades raras, a ataxia ou a importancia da rehabilitación, cunha intervención charla-coloquio para que os asistentes poidan facer as súas consultas directamente a estes profesionais.

Tamén pensamos nos máis pequenos da casa, para os que haberá actividades con monitores, xogos e un concurso de pintura.

Pola súa banda, o Centro de Referencia Estatal de Enfermidades Raras de Burgos organizou unha xornada divulgativa sobre as enfermidades raras en Ferrol. O acto será o día 23 de febreiro no edificio, levando por título o marco actual das enfermidades raras. Novo modelo de atención" e terá lugar no salón de actos do edificio Caixa Galicia. ASEm Galicia estará presente nas xornadas para presentar a entidade, os seus servizos, programas e proxectos.

Ademais, recordámosvos que os días 25 e 26 se celebrará en Santiago de Compostela o II Congreso Nacional de Atención ao Paciente Crónico, no que ASEM Galicia e a Federación ASEm terán a oportunidade de presentar unha comunicación oral e un póster, respectivamente (www.cronicoscompostela2010.org).

Por último, e na liña destes actos de difusión, informámosvos que o luns día 22 na canle de tv Cuatro emitirán o programa "21 días" dedicado, neste caso, a mostrar a vida diaria das persoas en situación de dependencia. Entre eles, sairán algúns dos socios da nosa entidade compañeira, ASEM Madrid.

27 e 28 de Febreiro: Xornadas Galegas de Soberanía Alimentia


Cova da Terra informa que os días 27 e 28 de Febreiro celebraranse en Santiago de Compostela as Xornadas Galegas de Soberanía Alimentar, organizadas pola ISAP (Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos) con financiamento da Cooperación Galega. Será no Salón de Actos da Faculdade de Filosofía da USC, situada na Praza de Mazarelos. Nesta Praza, ademais, haberá unha Feira pola Soberanía Alimentar Domingo 28 de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Para unha mellor organización das Xornadas prégase confirmación de asistencia en info(a)sobreaniaalimentar.info

Programa


Sábado 27 de Febreiro de 2010

10:00 h. Apresentación das Xornadas e da ISAP

10:30 h. Palestra:

Soberanía Alimentar: Democratizando a Alimentación

Carme Freire (SLG), Paul Nicholson (EHNE)

12:00 h. Mesa Redonda:

Vivir da Terra

Charo Sánchez (O Grelo Verde), Fuco Barreiro (Monte Cabalar), Antonio Carral (O Alle)

14:00 h. Pausa para xantar

16:30 h. Palestra:

Interferencias Globais Norte-Sul e Soberanía Alimentar

Mónica Vargas (ODG – Observatorio de la Deuda en la Globalización)

18:00 h. Palestra:

Construíndo Soberanía Alimentar en América Latina: A experiencia de Chile

Florencia Aróstica (ANAMURI – Asociación Nacional de Mujeres Rurales e Indígenas)



Domingo 28 de Febreiro de 2010

10:30 h. Palestra:

Enfriando o Planeta: Soberanía Alimentar e Mudanza Climática

Ferrán Garcia (VSF/No Te Comas el Mundo)

12:00 h. Mesa Redonda:

Vivir do Mar

Emilio Louro (Mar de Lira), Representante da Confraría de Cangas, Fermín Fernández (Algamar)

14:00 h. Pausa para xantar


16:30 h. Palestra:

Construíndo Soberanía Alimentar en África: A experiencia de Mozambique

Luís Mário Muchanga (UNAC – União Nacional Camponesa)

18:00 h. Mesa Redonda:

Vivir sen Devorar: Situación e Retos do Consumo Responsábel en Galiza

Proxecto Amorodo/Lentura, Rede Galega de Consumo Consciente e Responsábel

Santiago acolle o Congreso Nacional de Enfermedades Crónicas

Os días 25 e 26 de Febrero levarase a cabo no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela o II Congreso Nacional de Enfermedades Crónicas.

Desenrolarase baixo o lema "Camiñando Xuntos para mellorar os coidados do pacente Crónico" e está organizado en cinco áreas temáticas.

ASEM Galicia y la Federación ASEM presentarán unha comunicación oral e un póster, respectivamente, a este congreso. Máis información na página web:

http://www.cronicoscompostela2010.org/

Aberta a matrícula para os XXV Encontros de Educación para a Paz

Xa se pode realizarse a matrícula (30 €) para participar nos XXV ENCONTROS DE EDUCACION PARA A PAZ que terán lugar os días 11, 12 e 13 de Marzo na Facultade de Xornalismo en Santiago de Compostela sobre "Dereitos e responsabilidades de nenas, nenos e adolescentes" directamente na web: www.sgep.org ou telefonicamente no 981-561956.

Os Encontros teñen un recoñecemento de 1 crédito de libre configuración para o alumnado das tres universidades galegas.

Esta será a 25 edición dos Encontros de Educación para a Paz que anualmente organiza o Seminario Galego de Educación para a Paz. Cada edición está dedicada a un tema monográfico e, nesta ocasión, trátase de complementar as actividades e iniciativas que con motivo do Día Escolar pola Paz se desenvolveron sobre este mesmo tema nos colexios e institutos de Galicia, unha reflexión non só sobre os dereitos da infancia senón tamén das responsabilidades e obrigas que conlevan, con un mesmo e cos dereitos dos demais.

Entre os relatores e relatoras previstos podemos destacar a Dª Elsa Punset (especialista en xestión emocional), D. Xosé Antón Caride (Catedrático de Pedagoxía Social da USC), Dª Irene Comins Mingol (Coordinadora da Cátedra UNESCO de Filosofía per la Pau da Universidade Jaume I de Castelló), Dª Consuelo Crespo Bofill, presidenta de UNICEF ou Dª Mª Jesús Álava Reyes (psicóloga clínica).

Haberá tamén obradoiros e experiencias de Amnistía Internacional, UNICEF, de Cinema, Maxia, Xogos Cooperativos, e actuacións musicais.

Tendo en conta que o Seminario Galego de Educación para a Paz celebra as súas vodas de prata cursáronse invitacións ó Ministro de Educación, D. Angel Gabilondo, á Presidenta do Parlamento, Dª Pilar Rojo, ó Conselleiro de Educación, D. Xesús Vásquez Abad, ó Alcalde, D. Xosé Antón Sánchez Bugallo ou o Presidente da Deputación de A Coruña, D. Salvador Fernández Moreda, entre outras institucións.

Estes Encontros están dirixidos a alumnado das universidades, preferentemente, futuros docentes, e a ensinantes en activo.

Curso en Pontevedra para coidadores de persoas con discapacidade

Procurar aos discapacitados as mellores atencións ao tempo que se abre o mercado laboral a colectivos de difícil inserción é o dobre obxectivo dun curso de formación de coidadores que vén de poñer en marcha a Concellaría de Benestar Social e Patrimonio. Trátase dunha iniciativa novidosa que, en opinión da concelleira, Margarita Castejón, exemplifica perfectamente como actuar no marco dos Servizos Sociais cubrindo distintos ámbitos.

No curso, que comezou onte participan un total de 20 persoas, que durante os próximos meses van recibir un total de 150 horas de formación teórica e 250 horas de formación práctica. Está dirixido a persoas empadronadas en Pontevedra e usuarias do Plan municipal de Inclusión, ou sexa persoas que nalgún momento acoderon aos Servizos Sociais e que teñen dificultades para acceder ao mercado laboral, por falla de formación, por seren parados de longa duración, escaseza de habilidades sociais, etcétera.

A formación, tanto teórica como práctica, está a cargo da asociación de atención á parálisis cerebral e afines «Amencer-Aspace» e ten un custo total de 13.500 euros. O curso, que inclúe xornadas de catro horas na primeira fase e de seis horas diarias na segunda, rematará cara finais de xullo.

Margarita Castejón agarda que esta ferramenta que agora ensaia o seu departamento dea froitos en forma de contratos de traballo para os participantes. Subliña que o obxectivo do Plan de Inclusión é poñer en marcha actuacións para tentar a inserción laboral dos seus usuarios, dotándoos dos necesarios coñecementos e habilidades.

O perfil dos participantes é o seguinte: muller, perceptora da Renda de Inserción Social de Galicia (Risga), con escasa formación no sector, pero si con experiencia na economía sumerxida no relativo ao coidado de persoas maiores ou enfermas. Aproximadamente, un 30% son inmigrantes.

Cursos dirixidos a asistentes persoais

A Dirección Xeral de Dependencia e Autonomía Persoal ven de por en marcha un curso dirixido a asistentes persoais, que a Xunta imparte por primeira vez na comunidade autónoma. A iniciativa forma parte do Plan de Formación de Dependencia que está a levar a cabo o Goberno galego de maneira pioneira.

As clases, que son de balde, desenvolveranse en 14 localidades de Galicia ao longo dos catro primeiro meses do ano.

A principal finalidade destas accións é a de conseguir que o persoal que vaia traballar como asistente persoal adquira as capacidades e habilidades necesarias para ofrecer unha atención de calidade ás persoas dependentes.

Os cursos contarán como máximo cun total de 15 alumnos e cada un deles terá unha duración de 16 horas lectivas distribuídas en sesións de catro horas pola mañá, en horario de 10 a 14 horas.

Os cursos desenvolveranse no mes de febreiro nas localidades de Santiago (do 1 ao 4), Ribeira (do 8 ao 11), Pontevedra (do 15 ao 18) e Vigo (do 22 ao 25).

No mes de marzo terán lugar en A Coruña (do 1 ao 4), Vilagarcía (do 1 ao 4), Lalín (do 8 ao 11), Lugo (do 15 ao 18), Burela (do 22 ao 25) e Monforte (do 26 ao 31).

Por último as clases impartiranse en abril en Ourense (do 5 ao 8), no Barco (do 12 ao 15) e Verín (do 19 ao 22).

A solicitude de inscrición pódese atopar en:

benestar.xunta.es/discapacidade/formación e benestar.xunta.es/dependencia/formación

REQUISITOS:

As solicitudes priorizaranse ne base a tres criterios:


Persoas que xa traballen como asistentes persoais e non dispoñan de formación especializada nesta materia.

Persoas con formación académica relacionada coas funcións propias da asistencia persoal.

Persoas que teñan experiencia na atención doutras en situación de dependencia.

PRAZO:

O prazo de presentación finalizará 15 días antes do inicio da acción formativa

MÁIS INFORMACIÓN:

www.xunta.es/actualidade?content=/Portal-Web/Contidos/Novas/nova_estandar1770.html