A punto de rematar o prazo para apuntarse ás Vacacións Solidarias de Solidaridade Internacional

O programa de VACACIÓNS SOLIDARIAS dáte a oportunidade de coñecer de primeira man un proxecto de cooperación ao desenvolvemento nun país onde traballa Solidariedade Internacional de Galicia.

O programa ten como obxectivo sensibilizar persoas da sociedade en xeral, e en especial aqueles interesados na cooperación ao desenvolvemento, sobre a realidade que se vive noutros países, así como facilitar unha mellor comprensión das causas da desigualdade e as súas posibles solucións.

Espérase que a través desta experiencia os participantes no Programa de VACACIÓNS SOLIDARIAS afiancen o seu compromiso por un cambio social e involúcrense en accións de promoción de valores e actitudes tendentes a lograr condicións de igualdade para todos, baseándose en criterios de xustiza, paz, equidade, democracia, participación e solidariedade.

Dende hai once anos a través deste programa os voluntarios/as colaboran durante a súa estanza (3 a 4 semanas) en actividades de proxectos de cooperación en marcha, co propósito de coñecer, traballar e intercambiar coas comunidades que están a traballar pola construción do seu propio desenvolvemento. Os e as cooperantes de Solidariedade Internacional de Galicia, xunto co persoal das ONGs locais coas que traballamos en cada país, coordinan a estanza dos voluntarios.

Unha vez que as persoas participantes estean de volta en España, poderán implicarse en actividades de voluntariado que apoian tarefas de sensibilización relacionadas cos proxectos que desenvolve Solidariedade Internacional de Galicia.

Este ano, 2010, propóñense 5 países de destino e 14 proxectos de cooperación nos cales podes participar.

PARTICIPA, SERÁ A EXPERIENCIA DA TÚA VIDA!

No hay comentarios: