A Fundación Abbott convoca un "Concurso de Relatos" cunha temática centrada nas enfermidades crónicas

A Fundación Abbott pretende concienciar á Sociedade de que significa realmente padecer unha Enfermidade Crónica, tanto para o afectado como para todo aquel que lle rodea como a súa familia. Para iso organizou un Certame de Relatos.

É o Primeiro concurso de Relatos sobre Enfermidade Crónica que organizou a Fundación Abbott. Poderanse presentar calquera persoa ata con tres relatos, ningún deles superior a 12 páxinas, antes do 30 de novembro deste ano. Deberán envialo por correo electrónico ( greimundez@cariotipomh5.com Esta dirección electrónica esta protexida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizala ) ou á sede física da consultora de comunicación e relacións institucionais Cariotipo MH5.

O gañador do primeiro Certame de Relatos Curtos sobre Enfermidades Crónicas levará 3.000? e un accésit de 1.500. Ademais, a súa historia, e outros relatos elixidos polo Xurado do concurso, formarán parte dun libro editado en recordo desta nova iniciativa da Institución. 'A Fundación Abbott creou este Certame para dar a coñecer á sociedade as implicacións de vivir ou convivir cunha Enfermidade Crónica. O noso obxectivo é impulsar todas as iniciativas que contribúan a involucrar á sociedade e ás administracións no coidado dos pacientes crónicos.


Máis información: http://escritoresnoveles.wordpress.com/concursos/

No hay comentarios: