O equipo técnico de Solidaridade Internacional inaugura oficina en A Coruña


Tras varios anos compartindo espazo coa tenda de Comercio Xusto na Coruña, o equipo técnico de Solidaridade Internacional trasládase ao Centro Cívico Municipal de Monte Alto nesta mesma cidade.

Dende este mesmo momento e grazas á colaboración do Concello da Coruña, Solidariedade Internacional de Galicia conta cunha nova oficina na cidade herculina. A nova sede da entidade, situada no Centro Cívico Municipal de Monte Alto (Vereda del Polvorín, 2), albergará as áreas de Dirección (María Paz), Cooperación (Teresa Boedo), Educación para o Desenvolvemento (María Caride) e Contabilidade e Finanzas (Bernabé Porbén).

Cambiamos de dirección pero mantemos o número de teléfono habitual, o 981 24 35 06 (para os Departamentos de Cooperación e EpD) e engadimos unha nova liña co número 981 92 53 34 (para contactar con Dirección e Contabilidade e Finanzas).

Mentres tanto, a tenda de Comercio Xusto permanece aberta na súa situación habitual (Cordelería, 79 e Orzán, 184).

Esperamos que as novas instalacións, mellor adaptadas ás necesidades da organización, nos permitan poder atendervos como o fixemos ata agora e contribúan a mellorar o noso labor na loita pola xustiza social e a erradicación da pobreza.

No hay comentarios: