Aberta a convocatoria do bonotaxi no concello de Vigo para persoas con movilidade reducida

Aberta a convocatoria para a solicitude do Bonotaxi no Concello de Vigo.

Xa foi publicado no Boletín oficial a apertura da convocatoria para todas aquelas persoas con mobilidade reducida empadroadas no concello de Vigo.

O prazo de solicitude remata o 27 de marzo de 2010.

Finalidade das subvencións

Constitúen a finalidade das axudas económicas que se convocan, favorecer o desprazamento na cidade, mediante a utilización do servizo público de taxi, a aquelas persoas afectadas de graves dificultades de mobilidade, e que non poden utilizar o transporte público colectivo.

Contía das subvencións

A contía máxima por beneficiario será de 450 €.


Requisitos dos solicitantes

a) Estar empadroado e residir no municipio de Vigo cunha antigüidade dun ano, anterior á apertura do prazo da convotoria do ano 2010 e permanecer de alta no padrón municipal mentres se perciba a axuda.

b) Ter catro anos de idade cumpridos antes da finalización do prazo para solicitar as axudas.

c) Estar afectado de graves dificultades de mobilidade, sen estar imposibilitado totalmente para o desprazamento. Debe ter recoñecida a condición legal de minusválido afectándolle gravemente á súa mobilidade e que non poida utilizar os transportes públicos colectivos e así se acredite no certificado oficial de minusvalía, emitido polo Equipo de Valoración e Orientación (EVO).

d) Non ser titular de vehículo automóbil propio adaptado para a conducción.

e) Os recursos económicos teranse en conta para establecer a lista de concesión do “bono-taxi”, que será por orde inversa á contía da renda per cápita anual ou mensual da unidade familiar.

Establecerase unha discriminación positiva cando a unidade familiar estea composta por unha soa persoa, neste caso dividiranse os ingresos entre 1,5.


Recursos económicos computables.


Para o cómputo dos recursos económicos da unidade familiar na que se integra o solicitante, teranse en conta a renda do último exercicio fiscal dos seus membros.


Por renda enténdese a totalidade dos rendementos netos da unidade familiar derivados de:

a)Rendementos do traballo

b)Rendementos do capital mobiliario e inmobiliario

c)Rendementos das actividades empresariais ou profesionais.





Aos efectos da presente convocatoria entenderase por unidade familiar :

A formada polos cónxuxes e os seus descendentes que convivan habitualmente.
Nos casos de separación legal, viuvez, familia monoparental ou unión de feito sen vínculo matrimonial, a formada polos respectivos titulares cos seus descendentes, que convivan habitualmente.
A formada polo posible beneficiario e seus acolledores de feito e de dereito que convivan habitualmente.
A separación transitoria motivada por razóns de estudo, traballo, tratamento médico, non rompen a convivencia para estes efectos.


Documentación


A solicitude segundo modelo (Anexo I) irá acompañada da seguinte documentación, agás as persoas que foron beneficiarias da tarxeta “bono-taxi” no ano 2009, que soamente achegarán xunto coa solicitude a documentación dos puntos 3º e 4º. A outra documentación achegarase se sufrira algún cambio con respecto a convocatoria do ano anterior:

Fotocopia do DNI do solicitante e, no seu caso, DNI do representante legal. E documentación acreditativa da patria potestade ou representante legal do menor (libro de familia ou resolución xudicial).
Fotocopia do certificado oficial de minusvalía expedido polo Equipo de Valoración e Orientación, no que conste que esta afecta gravemente á súa mobilidade e ten dificultade para a utilización do transporte colectivo.
Declaración responsable (Anexo II) na que se faga constar:
Que o solicitante non se atopa incurso en ningunha das causas de prohibición enumeradas no artigo 13 da Lei 38/2003, Xeral de subvencións, e 10 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia.
Non ser titular de vehículo automóbil propio adaptado para a conducción.
Utilizar á axuda unicamente para desprazamentos dentro do termino municipal .
Aceptar ás actuacións de comprobación que acorde a Comisión de Valoración.
Fotocopia completa correspondente ao último período impositivo do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas dos membros da unidade familiar sometidos a dito imposto ou certificado negativo expedido pola Administración Tributaria.
Certificado da/as pensión/s ou prestacións percibidas no ano da solicitude.

O departamento Poderá solicitarse calquera outra documentación que se considere convinte na instrucción do procedemento.


Lugar e prazo de presentación de solicitudes


O prazo de presentación das solicitudes será ata o 27 de Marzo de 2010.

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo ou en

calquera dos previstos no artigo 38 da Lei de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

No hay comentarios: