Amigos da Terra e Agareso expoñen na Biblioteca Municipal de Pontevedra o traballo sobre O Golfo de Fonseca


O vindeiro mércores 14 de abril, ás 12 horas, Amigos da Terra presenta de forma oficial na Biblioteca Pública de Pontevedra a exposición "Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible" , organizada en colaboración por Amigos da Terra e AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios).

Amigos da Terra e a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO), a través dun convenio de colaboración, comezaron no ano 2009 un proxecto de sensibilización que permitirá dar a coñecer en Galicia o traballo que Amigos da Terra leva a ca bo no Golfo de Fonseca en temas de pesca artesanal sostible.

O primeiro paso foi a viaxe de cinco reporteiros rumbo ao Golfo de Fonseca para visitar os proxectos que a asociación e stá a desenvolver en Nicaragua, O Salvador e Honduras, tres países que comparten a xestión e uso desa área xeográfica, un ecosistema que destaca pola súa biodiversidade mariño-costeira.

Esta exposición, reflexa a través de 30 instantáneas as primeiras impresións e vivencias deste grupo de reporteiros durante a súa visita aos proxectos de Amigos da Terra.

No hay comentarios: