VI Xornadas Anuais de Cooperación: A cooperación galega perante a crise económica e os desastres naturais

As Xornadas Anuais de Cooperación, Lugo 25 de xuño, veñen sendo impulsadas polo Fondo
Galego desde 2004 como espazo de encontro dos diferentes axentes do sector da cooperación, tanto públicos como privados, no que abordárense as principais problemáticas comúns.

Para a presente edición considérase que os debates han de pivotar sobre tes temas de actualidade: o novo Plan Director da Cooperación Galega 2010-2013, a crise económica e a súa ligazón coa sensibilización e educación para o desenvolvemento (ED), a axuda de emerxencia.

O presente ano será aprobado o novo Plan Director da Cooperación Galega 2010-2013, que conseguiu o apoio unánime dos membros da Comisión Interterritorial e do Consello Galego da Cooperación para o Desenvolvemento. Convén agora contribuír a divulgalo, clarificalo e avaliar os seus principais avances e debilidades.

Desde 2008 o planeta encóntrase sumido nunha grave crise económica que no Norte pode converterse en coartada para diminuír os esforzos no ámbito da cooperación para o desenvolvemento. Nestas circunstancias, un bo traballo de sensibilización e ED cobran especial importancia. Dun lado, han de contribuír a que os axentes da sociedade civil e institucións públicas que desenvolven e/ou financian a cooperación para o desenvolvemento manteñan o esforzo ou mesmo o aumenten.

Doutro lado, son fundamentais para conseguir que o resto da cidadanía entenda e apoie eses esforzos. Isto último cobra, se cabe, maior relevancia no caso das institucións públicas, ás que máis que nunca se pregunta o porque e o como de determinadas partidas de gasto. En situación de crise económica, á cidadanía xeral cústalle máis entender que co diñeiro dos seus impostos se financien actividades noutros países.

A principios do presente exercicio un terremoto causaba danos de extrema gravidade no Haití, levantando unha forte onda de solidariedade na cidadanía e institucións galegas. É, por isto, un bo momento para reflexionar sobre como reacciona ou debe reaccionar o sector cooperante galego perante este tipo de situacións.

2. Obxectivos

a) Divulgar, clarificar e avaliar o II Plan Director da Cooperación Galega.
b) Reflexionar sobre o papel que sensibilización e ED teñen nos diferentes axentes do tecido cooperante galego.
c) Debater se ese papel debe ser o mesmo ou non nun contexto de crise económica.
d) Reflexionar sobre as posibilidades e capacidades galegas á hora de desenvolver ou apoiar labores de axuda de emerxencia no Sur.

3. Destinatarios
a) Administración autonómica.
b) Concellos e Deputacións de Galicia.
c) ONGDs.
d) Universidades.
e) Entidades financeiras e empresas con programas de cooperación.
f) Sindicatos.
g) Outros actores e persoas a titulo individual.
4. Programa

· Inauguración (10h)

o Alfredo Novoa, Presidente do Fondo Galego.
o María Xosé Vega Buján, Vicepresidenta Terceira da Deputación de Lugo.
o Pilar Romero, Subdirectora Xeral de Cooperación da Xunta de Galicia.

Mesa 1. O novo Plan Director da Cooperación Galega 2010-2013 (10:30-11:30h).
o Moderada por Isabel Rodríguez.
o Carlos Teijo, profesor da USC.
o José Antonio Alonso, Director do Instituto Complutense de Estudos Internacionais. Algunhas preguntas que se poderían responder: En que consiste? Hai avances en relación ao anterior Plan Director? E retrocesos? Que se espera deste novo Plan Director?

Mesa 2. A sensibilización e ED en Galicia: diferentes perspectivas nun contexto de crise (11:30-12:30h) Moderada por Juan de Sola, presidente de AGARESO.
o Daniel González Palau, técnico de sensibilización do Fondo Galego.
o Área de Sensibilización e Comunicación da Coordinadora Galega de ONGD.
o Agustín Merino García, profesor da USC. Algunhas preguntas que se poderían responder: Que actividades se están a desenvolver desde a miña organización? Con que impacto? A quen se dirixen? Como se implementan? Estase a prestar atención suficiente a este campo de
actividade? Como se valora o traballo de sensibilización e ED na miña organización?
O feito de atravesarmos unha crise económica inflúe no traballo de sensibilización e ED? Que peso ten a sensibilización nos orzamentos das nosas organizacións? Cales son as principais dificultades que se encontran neste campo de actividade?

Mesa 3. Os programas de voluntariado no Sur… ferramentas de sensibilización? (13-14h)
o Moderada por David Reinero, de Xornal de Galicia.
o Amarante.
o Pilar Gallego, da Comisión Executiva do Fondo Galego. Algunhas preguntas que se poderían responder: En que consiste o programa de voluntariado da miña organización? Que tipo de persoas enviamos ao Sur? Que tipo de traballos desenvolven no Sur? Como avaliamos ese programa? Ten algún impacto no norte os programas de voluntariado desenvolvidos no Sur?
Deberían/poderían ter máis impacto?

Mesa 4. A axuda de emerxencia en Galicia (14-15h).
o Moderada por Emilio Martínez, de Estratega Consulting.
o Alfredo Novoa, presidente do Fondo Galego.
o Xerente da Fundación Axencia Humanitaria de Galicia.
o Cruz Vermella.

Algunhas preguntas que se poderían responder: Temos en Galicia capacidade para responder ás situacións de emerxencia de forma directa? A miña organización traballa a axuda de emerxencia ou post-emerxencia? Como o fai? Existe coordinación entre os diversos axentes galegos? Podería habela? Debería habela?

As temáticas abordaranse baixo a modalidade de mesa redonda coa participación de representantes dos diferentes actores. Cada intervención inicial durará aproximadamente 10 minutos, con posterior coloquio entre relatores e público. Cada mesa redonda contará con 1h de duración.

No hay comentarios: