Traballo abre o prazo para a solicitude das axudas para a promoción da autonomía persoal e a accesibilidade

A consellería de Traballo e Benestar abre o prazo para a solicitude das axudas para a promoción da autonomía persoal e a accesibilidade (axudas non periódicas).

O mércores 7 de abril publicouse no DOGA a orde que establece as bases reguladoras para a solicitude das axudas individuais non periódicas para as persoas maiores e persoas con minusvalidez.

A finalidade das axudas é a de colaborar en determinados gastos que inclúen:

Apoiar a persoa con axudas técnicas ou produtos de apoio.
Axudas técnicas para o aseo e a hixiene persoal.
Axudas técnicas para a alimentación.
Axudas técnicas para a mobilidade, posicionamento e protección persoal.
Axudas técnicas para a comunicación aumentativa e alternativa.
Axudas técnicas para o acceso ás novas tecnoloxías.
Axudas técnicas para persoas con minusvalidez auditiva.
Axudas técnicas para persoas con minusvalidez visual.
Contía máxima subvencionable: 2500 €.

Facilitar as adaptacións do fogar e eliminación de barreiras arquitectónicas e de comunicación no interior da vivenda.
Actuacións destinadas a facilitar o acceso, a mobilidade, a comunicación e a realización das actividades da vida diaria.
Contía máxima subvencionable: 3000 €.


Poderán solicitar estas axudas: Persoas con minusvalidez, menores de 65 anos que teñan recoñecido un grao de minusvalía igual ou maior o 33%.
Persoas que teñan recoñecida a situación de dependencia polos equipos de valoración correspondentes e o dereito ás prestacións do sistema para a promoción da autonomía e atención á dependencia. Considéranse os seguintes graos e niveis:
Grao III, niveis 1 e 2.
Grao II, niveis 1 e 2.

Tamén poderán solicitar a axuda as persoas que solicitasen o recoñecemento da súa situación de dependencia ANTES da data de publicación da orde (7 de abril de 2010).

Persoas maiores de 65 ou máis anos que acrediten a necesidade dunha axuda que non estea incluída noutras liñas de protección social ou sanitaria.

Ademais, os beneficiarios deberán cumprir os seguintes requisitos: Residir na Comunidade Autónoma de Galicia. Que a axuda solicitada derive da súa minusvalidez ou do seu grao e nivel de dependencia; que a axuda solicitada non estea incluída noutras liñas de protección social ou sanitaria; que a renda per cápita da unidade familiar do solicitante non supere o 125% do IPREM do ano 2010. Non ter percibido nos dous últimos anos axudas para o mesmo fin e solicitado a través de axudas individuais.

Cada solicitante só poderá solicitar a axuda correspondente a través dun só dos supostos recollidos como actuacións subvencionables.

Presentación de solicitudes: Débese presentar a folla de solicitude debidamente cuberta e asinada polo solicitante, xunto coa documentación requirida no departamento territorial da Consellería de Traballo e Benestar correspondente:


DIRECCIÓN XERAL DE ACCIÓN SOCIAL

SUBDIRECCIÓN XERAL DE DISCAPACIDADE
SERVIZO DE PROGRAMAS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE
Edificio Administrativo San Caetano, s/n
15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981544284 Fax: 981545691


DEPARTAMENTO TERRITORIAL DE A CORUÑA

SERVIZO DE DEPENDENCIA E AUTONOMIA PERSONAL
R/ Concepción Arenal, 7-9
15006 A CORUÑA
Teléfono: 981288188 Fax: 981182525


DEPARTAMENTO TERRITORIAL DE LUGO

SERVIZO DE DEPENDENCIA E AUTONOMIA PERSONAL
Ronda da Muralla, 70
27071 LUGO
Teléfono: 982294438 Fax: 982294898


DEPARTAMENTO TERRITORIAL DE OURENSE

SERVIZO DE DEPENDENCIA E AUTONOMIA PERSONAL
Rúa Saénz Díez, nº 39-baixo
32003 OURENSE
Teléfono: 988386929 Fax: 988386131


DEPARTAMENTO TERRITORIAL DE VIGO

SERVIZO DE DEPENDENCIA E AUTONOMIA PERSONAL
Concepción Arenal, 8 -1º
36201 VIGO
Teléfono: 889218265 Fax: 986817637


Tamén se poderá presentar a través dun rexistro público da Xunta de Galicia ou nos servizos sociais do concello.

O prazo de presentación remata o 7 de maio de 2010.

Documentación necesaria:

Ademais da folla de solicitude (que se achega a esta carta), os solicitantes deberán presentar:

Fotocopia compulsada do DNI.
Certificado de convivencia do padrón municipal do concello no que resida.
Presuposto do gasto que se vai realizar.
Declaración de todas as axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo fin.
Autorización do solicitante (a través do modelo que se achega a esta carta) para que se realicen as consultas necesarias sobre a situación económica familiar na Axencia Estatal de Administración Tributaria.
Documentación xustificativa doutros ingresos que non se poidan obter polo sistema anterior.
De ser o caso, e segundo o tipo de subvención solicitada:
Informe médico que indique a necesidade da axuda técnica solicitada.
Informe social que indique a necesidade de adaptación de vivenda.
Informe médico no que se indique a necesidade de uso de páx. ´ rotesis dental e/ou audiófono.
De ser o caso, informe social emitido polos servizos sociais de atención primaria e/ou especializada acreditativo das circunstancias de vivenda do solicitante.
Copia da solicitude de evolución do grao de dependencia para aquelas persoas que se encontren nesta situación.

O prazo de resolución será de 6 meses a partir do peche do prazo de solicitude.

Máis información: http://www.xunta.es/apps/gdp/showFile.do?codCons=BS&codProc=609B

No hay comentarios: