Programa de vacacións de COCEMFE

COCEMFE abre o prazo para solicitar un dos seus programas de vacacións entre os meses de Xuño e Decembro do 2010

Como cada ano, a Confederación Española de Persoas con Minusvalidez Física e Orgánica (COCEMFE) abriu o prazo para que aquelas persoas con minusvalidez que o desexen poidan solicitar algún dos seus programas de vacacións en diferentes destinos: praias, illas, termalismo, Europa ou turismo interior.

Quen pode participar neste programa?

Todas aquelas persoas cunha minusvalidez física e un gradou de minusvalía maior ou igual ao 33%, tendo prioridade os que superen o 50% e maiores de 16 anos.
Aquelas persoas que utilicen cadeira de rodas ou necesiten axuda para as actividades cotiás poderán levar acompañante.

Que documentación hai que presentar?

Débese cubrir a folla de solicitude específica: http://www.cocemfe.es/fundacion+cocemfe/vacaciones_2010/pdf/SOLICITUD+2010.pdf

E acompañar dos seguintes documentos:
Fotocopia do certificado de minusvalidez completo.
Fotocopia do DNI por ambas as dúas caras.
Fotocopia do libro de familia numerosa (de ser o caso)
En caso de Unidade Familiar de Convivencia con ingresos inferiores ou iguais a 7133 €: fotocopias de nóminas, pensións e/ou xustificantes de ingresos derivados de rendas; e certificado de empadroamento.

Como se realiza a solicitude?

Unha vez cubertos os formularios e reunida a información necesaria, a documentación deberá ser remitida á oficina de COCEMFE - Departamento de Vacacións:
Dirección postal: C/ Eugenio Salazar, 2 -28002 - Madrid.
Teléfono: 914138001. Fax: 914169999
Cando remata o prazo de presentación?

O prazo de presentación para cada un dos programas rematará dous meses antes da data de saída de cada un deles.

O pagamento efectuarase con 30 días de antelación, unha vez confirmada a praza, mediante transferencia bancaria a:

COCEMFE

Entidade: A Caixa. Número de Conta: 2100 1570 74 0200150916.
Unha vez realizada a transferencia deberase remitir a COCEMFE o resgardo do ingreso indicando o nome do beneficiario, a data e a quenda solicitada.

Onde obter máis información?

Estas condicións xerais, así como os formularios e toda a información sobre os diferentes programas de vacacións, poderédelo encontrar na páxina web: http://www.cocemfe.es/fundacion+cocemfe/vacaciones_2010/index.htm

No hay comentarios: