Continúa aberto o prazo do I Concurso Fotográfico de Cidadanía Inclusiva

Lembramos a vixencia do I Concurso Fotográfico de Cidadanía Inclusiva, que nesta primeira edición centrarase no tema "Pobreza e exclusión social en Galicia". O prazo límite para recibir por correo electrónico as fotos xunto a un comentario dun máximo de 100 palabras, remata o día 15 de setembro.

Como sabedes, as persoas destinatarias son as participantes dos programas das entidades pertencentes a EAPN Galicia ou doutras entidades sociais, fotógrafos afeccionados ou profesionais.

Cun maior esforzo dende EAPN e o patrocinio parcial dun laboratorio fotográfico en Santiago de Compostela, é factible ampliar os premios. Así, ademais da prevista exposición das fotografías seleccionadas no Parlamento de Galicia, como primeira etapa dun ciclo que se levará a diversas cidades galegas, editarase un catálogo específico e establécense tres premios para as mellores fotografías, que consistirán en material fotográfico a elección dos premiados e os seguintes importes:

1º Premio. 500 euros
2º Premio. 300 euros
3º Premio. 200 euros

MÁIS INFORMACIÓN E BASES EN: www.eapn-galicia.com

No hay comentarios: