A ONG Terra de Homes celebra un acto en Sada en apoio dunha acción solidaria


A ONG Terra de Homes celebrará o vindeiro sábado, 2 de outubro, un festival de danza a cargo da Escola de Danza Estudo 1 Sociedade R.C. e D. de Sada, a favor da ONG Terra de Homes e o seu proxecto "Viaxe Cara á Vida".

A entrada custará catro euros.

O acto desenvolverase no auditorio Pintor Lloréns de Sada ás oito da tarde.

No ámbito da saúde esta ONG loita para ofrecer un acceso aos coidados básicos a todos os nenos, nalgún lugar ou comunidade que se atopen. "O noso traballo neste ámbito inclúe un importante seguimento vinculado á desnutrición, desgraciadamente moi presente nos países en desenvolvemento, así como un dos proxectos históricos de Terra dos homes, Atencións Médicas Especializadas (AME) cos traslados para coidados especializados, co programa "Viaxe cara á Vida". Tamén, por saúde entendemos que o neno constitúe un binomio inseparable coa súa nai, a miúdo moi nova. Esta é a razón pola que falamos de saúde materna".

No ámbito do dereito, ademais das medidas sobre respostas convenientes que garanten o respecto do espírito e a carta do Convenio dos Dereitos do Neno, Terra de homes loita en determinados países por un sistema de xustiza equitativo e conveniente para os nenos e os menores; e leva a cabo campañas contra todas as formas de explotación que controlan ao neno, de xeito organizado ou non, que o reducen ao estado de mercancía ou escravitude.

Para rematar, no ámbito da protección, Terra de homes ofrece respostas convenientes de protección e rehabilitación aos nenos que se atopan en situacións de extrema vulnerabilidade, como as vítimas de conflitos civís ou catástrofes naturais, os nenos abandonados polos seus pais ou orfos de vítimas da SIDA, ou os nenos en situación de rúa.

Como norma de boas prácticas cara á infancia a escala comunitaria, social, xurídica, económica ou política, Terra de homes desenvolveu como ferramenta titulada Política de Protección da Infancia, un enfoque de fondo que nos esforzamos en facer adoptar por todo individuo ou estrutura que exerce unha responsabilidade sobre un ou máis nenos.


No hay comentarios: