Curso de Teatro Social

A ESAD de Galicia, o Fondo Galego de Cooperación e outras entidades promoven un curso de formación en teatro social.

O Fondo Galego de Cooperación e a ESAD de Galicia convocan un curso de formación en teatro social no marco do Seminario Permanente Teatro Social para a cooperación e o desenvolvemento no século XXI.

O curso vai decorrer ao longo dos meses de setembro, outubro, novembro e decembro, cun total de 75 horas de formación teórico-práctica, e no mesmo participan destacados especialitas no campo. O prazo de matrícula vai do 1 de agosto ao 15 de setembro.

O impreso para solicitar a inscrición pódese imprimir na sección "secretaria virtual": solicitude inscrición actividades de formación. Debe entregarse na secretaría da ESAD. Máis información no programa do curso, que se mostra nesta páxina. De precisar outra información pode enviarse un correo á Escola: esad.galicia@edu.xunta.es

No hay comentarios: