Sanxenxo busca colaboradores para desenvolver programas sociais

A Oficina Municipal de Voluntariado de Sanxenxo iniciou unha campaña informativa co obxectivo de captar colaboradores para desenvolver distintos programas sociais. A finalidade desta iniciativa é a de conseguir que os veciños do municipio implíquense nunha acción social que consistiría en ceder unha parte do seu tempo a persoas maiores ou con algún grao de mobilidade limitada que, por razóns diversas, pasan moito tempo soas.

O labor que desempeñarían os voluntarios nestes casos consistiría en ofrecer compañía a estas persoas, realizar con elas paseos, compras ou prestarlles axuda á hora de realizar as xestións que precisan.

Pero a OMVS busca así mesmo colaboradores que actúen de apoio nas actividades que pon en marcha o Taller de Memoria Municipal, no que se fomenta a estimulación cognitiva a través de exercicios centrados tamén na gramática, a ortografía, entre outros, nos grupos de persoas maiores que se organizan por parroquias. Alí, os participantes invisten parte do seu tempo libre dunha forma saudable, fomentando as relacións cos iguais e evitando o illamento e os sentimentos de soidade.

O persoal voluntario encargaríase de ofrecer o seu apoio á profesora de adultos axudando na organización e coordinación das sesións. Ademais, existiría unha gran dispoñibilidade de horarios e días a elixir, dado que son varios os grupos distribuídos de mañá, tarde ou noite e por lugares.

Para formar parte do equipo de voluntariado, as persoas interesadas deberán apuntarse no Centro Municipal de Servizos Sociais, situado no número 4 da rúa Rafael Picou 4, en Portonovo. Alí recibirán toda a información precisa e indicaranlles os días concretos e as horas de prestación do servizo, que en todo caso, dependerá da propia dispoñibilidade e dos horarios preferentes de cada colaborador.

"A recompensa que se obtén por dedicar parte do noso tempo aos demais é inmensa e por iso animamos a todas aquelas persoas que teñen a posibilidade de facerse voluntarios e desenvolver unha labor tan gratificante que se somen ao noso equipo", sinalaron desde a OMVS.

No hay comentarios: