Campamentos de verán 2010 para persoas con discapacidade

A Xunta de Galicia, como en anos anteriores, abriu o prazo para solicitar unha praza nos campamentos de verán. Trátase dun programa de ocio e tempo libre para xóvenes galegos con algunha discapacidade. O programa oferta diferentes opcións de aventura por toda a xeografía galega.

Este programa está dirixido todos os mozos cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33%, entre 9 e 18 anos (aínda que algúns campamentos están dirixidos a mozos entre 18 e 40 anos).

Para a concesión dunha das prazas terán prioridade:

- As persoas que non participasen en anos anteriores.

- As persoas cunha autonomía persoal para as Actividades Cotiás nas "quendas de integración" e as persoas con maior necesidade de apoio nas "quendas específicas".

Requírese que os participantes leven os seus propios útiles de aseo, roupa cómoda, toallas, traxe de baño, chancletas, algunha roupa de abrigo, lentes de sol, crema solar e gorro. Para os campamentos tamén será necesario traer o saco de durmir.

Todos os interesados en participar deberán cubrir o impreso oficial que se poderá obter en calquera oficina dos servizos sociais ou nas oficinas de información xuvenil dos concellos.

Ademais do impreso deberase achegar un informe médico establecido tamén segundo o modelo oficial.

As solicitudes poderanse presentar en:

- Consellería de Traballo e Benestar
Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado

- Xefaturas territoriais:
o A Coruña: C/ Enrique Mariñas s/n (15009).
o Ferrol: Pl/ Camilo José Cela, 1º (15403).
o Lugo: Ronda da Muralla, 70 (27071).
o Ourense: Avd. de la Habana, 81
o Pontevedra: C/ Fernández Ladrera, 43, 4º (36003).
o Vigo: C/ Concepción Arenal, 8 (36201).

Máis información no teléfono 900 333 666.

No hay comentarios: