Convocan unha praza de coordinador e 20 de monitor para o programa Lecer no Verán de Vigo

Dende o concello de Vigo, xunto coa entidade Abertal, abriuse a convocatoria para a contratación dun coordinador e de 20 monitores de actividades para cubrir o programa de "Lecer non Verán" destinado a persoas con minusvalidez.

A data límite para presentar o currículo é o 24 de maio á dirección: abertal@abertal.org.

A asociación Xuvenil Abertal, convoca 1 praza de coordinador/a e 20 prazas de
monitor/a para cubrir as necesidades de persoal do programa de Lecer no Verán
para persoas con discapacidade do Concello de Vigo.

Descrición: 1 persoa responsable da coordinación das actividades do programa de
Lecer no Verán para persoas con discapacidade, para o período que abrangue do
28 de xuño a finais de agosto de 2010.

Funcións:

- Coordinar o deseño, programación e execución da proposta de actividades
e servizos.

- Organizar os encontros e coordinar o equipo de monitores/as.

- Organizar e coordinar a relación coas familias dos usuarios/as.

- Controlar e xestionar o orzamento e o bo uso do material e as instalacións
a empregar.

- Elaboración da memoria final da actividade.

Valorarase:

- formación relacionada con integración social, educación social, animación
sociocultural,…

- experiencia en coordinación de equipos.

- experiencia de traballo con persoas con discapacidade intelectual, física ou
sensorial

- participar ou ter participado nalgunha das entidades do sector da
discapacidade.

- formación básica en temas sanitarios (primeiros auxilios…)

- carné de conducir con experencia en conducir furgonetas.

- dispoñibilidade para participar na formación

Proceso Contratación: Presentar C.V. acompañado dunha fotografía no enderezo
electrónico abertal@abertal.org indicando no asunto Convocatoria Laboral,. A
data límite presentación C.V. é o 14 de maio de 2010.

No hay comentarios: