EDUCADORES E INVESTIGADORES PARA A PAZ REUNIRANSE EN COMPOSTELA PARA PREPARAR O FORO 2010

O vindeiro 11 de Xuño, venres, terá lugar, no Centro de Estudios Avanzados da USC (Casa de Europa, Vistalegre), a IV REUNION DO COMITÉ ORGANIZADOR DO FORO 2010 que preside D. Federico Mayor Zaragoza, co obxecto de ultimar os preparativos do FORO 2010 (www.foro2010.org), un evento de enorme relevancia internacional que se celebrará en Compostela no remate do Xacobeo, concretamente, entre o 3 e o 30 de Decembro deste ano, e que pretende converter á capital de Galicia nunha referencia mundial da Cultura da Paz.

Tres Congresos Internacionais (Información e dereitos humanos; Dereito humano á paz; Memoria, reconciliación e cultura de paz), un Foro Mundial de Educación (FME) temático sobre “Educación, investigación e cultura de Paz”, adscrito ó Foro Social Mundial (FSM), por primeira vez en Europa, así como unha Reunión de Alto Nivel da Alianza de Civilizacións coa Comisión de Premios Nobel da Paz e os coordinadores do Decenio da ONU (2001-2010) sobre a cultura da paz e a non violencia para todolos nenos e nenas do mundo.

Paralelamente, durante todo o mes de Decembro, en distintos espazos expositivos de Santiago haberá fotoxornalismo (Gervasio Sánchez e o Grupo Revela, no Museo do Pobo Galego e en Caixa Nova), Cómic e literatura infantil e xuvenil non violenta (na Biblioteca Anxel Casal), Cinema e Dereitos Humanos no marco de Cineuropa, Maratón de Cinema antibelicista (Teatro Principal), pintura en Caixa Galicia, Música Clásica (World Orquestra), Festival Mundial da Paz (Juanes, Miguel Bosé... en Sar).

Na reunión do Comité Organizador participarán máis de 60 persoas en representación doutros tantos centros de educación e investigación para a paz do Estado e de Portugal, organizacións, movementos sociais, sindicatos, colexios profesionais, ONGs, fundacións e cátedras universitarias.

No hay comentarios: