Tertulia en Vigo sobre a repercusión das guerras nas vidas das mulleres

TERTULIA
LUNS, 24 DE MAIO, ÁS 8 DA TARDE
NO CAFE CABIRIA (rua Alfonso XIII -fronte a entrada da autoestrada)
"Repercusión das guerras nas vidas das mulleres"

Con motivo da celebración do "Día Internacional das Mulleres pola paz e o desarme" a marcha mundial das mulleres organiza unha tertulia o vindeiro luns, ás 8 da tarde no café Cabiria para falar de xeito informal das consecuencias das guerras, o armamentismo, o militarismo e os conflictos bélicos na vida das mulleres.

Proxectaremos unha curta sobre as mulleres no Congo e presentaremos un video sobre a próxima acción internacional nese pais.

Para enriquecer o debate gostariamos poder contar coa participación dalgunha muller de Vigo da vosa organización que teña traballado nalgunha zona de conflicto.

No hay comentarios: