Proxecto de respiro familiar municipal destinado a familiares ou coidadores de persoas con discapacidade en Vigo

O concello de Vigo, en colaboración coa Fundación Menela desenvolverán un proxecto de respiro familiar do que se poden beneficiar as persoas con discapacidade empadroadas no devandito concello.

Pódense presentar as solicitudes ata cunha semana de antelación á realización do respiro.

Este proxecto desenvólveo a Concellería de Benestar Social do Concello de Vigo mediante un convenio de colaboración coa Fundación Menela.

Poderán beneficiarse as persoas con discapacidade empadroadas no Concello de Vigo que teñan entre 3 e 50 anos. O custe por día non varía con respecto o ano pasado, son 35€/día.

Como norma xeral serán estancias de 24 ou 48 horas e extraordinariamente 72 horas ou máis en casos excepcionais e xustificados, ata un máximo de 6 días no edificio Cami da Fundación Menela, ubicado na rúa laxe nº 3.

Presentación de solicitudes

Para a participación no programa, as solicitudes debidamente cumprimentadas, coa súa documentación, presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, cunha antelación mínima de 1 semana.

Documentación requirida
• Impreso de Solicitude Xeral do Concello de Vigo
• Ficha de datos (cuberta e asinada)
• Ficha médica (Programa respiro familiar)
• Fotocopia do DNI

Da persoa con discapacidade para a que se solicita o servizo.
• Fotocopia da Tarxeta Sanitaria

Observacións:

- O número máximo de usuarios por estanza é de catro persoas, atendidos por dous profesionais cualificados que permiten garantir ás familias a prestación dos servizos, podendo contar co servizo de voluntariado se fose preciso.

No hay comentarios: