Guatemala; últimas prazas en Solidaridade Internacional

A punto de pecharse o prazo de inscrición no programa Vacacións Solidarias 2010, aínda quedan prazas dispoñibles nun dos destinos ofertados; Guatemala. Entre o 6 e o 29 de agosto, os participantes nesta edición poderán coñecer de preto a realidade do país berce da civilización maia e achegarse ao mundo da cooperación internacional a través do Programa de Intervención de Desenvolvemento Integral Oxlajuj T’xinkin.

Todas as persoas participantes deben ser maiores de 18 anos e deberán ter o seguinte perfil xeral:

Predisposición para vivir en sitios onde a tecnoloxía de comunicación (Internet, teléfono) é limitada e o acceso a algunhas comodidades non está garantido (auga quente, baño individual, etc.).
Inclinación para visitar ambientes multiculturais e capacidade de adaptación ao medio, experiencia no trato a persoas e capacidade de empatía;
Predisposición para realizar actividades físicas (camiñadas);
Ter boa actitude e carga de optimismo para propoñer accións de grupo concertadas;
Ter boas condicións de saúde;
Unha vez notificado que foi seleccionado, a reserva farase efectiva ao ingresar o 50% do importe da viaxe no prazo indicado. O pagamento do restante 50% realizarase 30 días antes da data de saída. Se cancela a súa viaxe Solidariedade Internacional de Galicia devolverá a cantidade ingresada menos os gastos de cancelación que impoña a compañía aérea e o custo de inscrición, sempre e cando a cancelación se realice 40 días antes da data de saída.

O prezo inclúe billetes de avión i/v dende Madrid, taxas de aeroporto, seguro de viaxe, manutención, aloxamento e materiais do curso de formación. Non inclúe excursións turísticas, gastos persoais nin impostos de saída do país.

Todas as persoas seleccionadas para viaxar deberán facerse socio/a de Solidariedade Internacional de Galicia. Antes da viaxe realizásense actividades de formación e on-line que serán de obrigatorio cumprimento.

Contacto e inscrición
Se estas interesado/a en participar envía un correo electrónico cos teus datos persoais a cooperacion@solidaridadgalicia.org

No hay comentarios: